GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A falta de vivenda, principal obstáculo para os refuxiados ucraínos na Coruña

(29/07/2022)

A falta de vivenda, principal obstáculo para os refuxiados ucraínos na Coruña

C. Devesa REDACCIÓN / LA VOZ

 

Visita del delegado del Gobierno, José Miñones, a la sede de la oengé Accem en A Coruña

Visita do delegado do Goberno, José Miñones, á sede da oengé Accem na Coruña Marcos Míguez

 

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou este mércores a sede de Accem, que coordina o programa de atención e inserción dos que foxen da guerra

 

27 jul 2022 .

 

José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, visitou na mañá deste mércores a sede de Accem na Coruña acompañado do coordinador da oenegué en Galicia, Daniel Bóveda, e a responsable na Coruña, Cristina Ucieda. Miñones reiterou o compromiso de España cos refuxiados ucraínos que fuxiron do conflito bélico. «O Goberno mantén vivo o seu compromiso e reforza a súa solidariedade con Ucraína , grazas ao Sistema Estatal de Acollida que conta coa colaboración do resto de administracións públicas e entidades sociais». Así, agradeceu o labor de Accem e destacou a aprobación de unha achega extraordinaria de 392 millóns de euros para que sufragar os gastos das entidades no seu labor cos refuxiados. «Multiplicamos por seis a partida dedicada á atención a estas persoas, o que nos garante prestar a mellor atención e ter a mellor resposta en cada momento desde a súa chegada a España e, no noso caso, a Galicia». Á comunidade galega chegaron desde o inicio do conflito 2.517 persoas.

 

Dese orzamento, Accem recibe a nivel nacional 69 millóns de euros para financiar os programas de atención e inserción a refuxiados. O coordinador da oenegué en Galicia, Daniel Bóveda, indicou que a agrupación, con sede na Coruña, Vigo e Lugo, atendeu a preto de 300 refuxiados que agora se atopan en diferentes partes do proceso. «Moitos xa están a traballar, mentres que outros foron derivados a outras comunidades nas que había casas dispoñibles», apuntou Bóveda, que destacou que entre as principais dificultades para a integración dos ucraínos na Coruña está, ademais da barreira idiomática para a que lles ofrecen clases de español, a falta de vivenda. «Facemos un chamamento á poboación para que colabore e poñan a disposición os pisos de aluguer aos refuxiados. Na cidade hai unha tensión inmobiliaria, hai un problema xeneralizado, froito de diferentes factores o que dificulta o acceso, non só aos estranxeiros, senón aos propios coruñeses». 

 

Sobre o regreso dalgúns ao seu país, destaca que a maioría mostra a intención de regresar. «O número dos que volveron non é significativo, os que volveron foi por situacións persoais. O sentimento xeneralizado é o de querer volver e houbo un momento no que parecía que a guerra se podería resolver diplomáticamente, pero agora vemos que se bombardean zonas que estaban tranquilas e que non se están respectando os corredores humanitarios, polo que ese movemento de regreso hase estancado».

 

Desde Accem deron apoio desde o comezo da chegada de refuxiados á cidade herculina a 285 persoas en toda Galicia e a 48 na Coruña. «Aínda que orientamos a outros que non forman parte do programa e que foron derivadas, algunhas, a outras oenegué, ou reciben algún tipo de prestación como a Risga ou o ingreso mínimo vital».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas