GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta crea un novo programa de bolsas para que a mocidade do exterior curse Formación Profesional de nivel básico en Galicia

(28/07/2022)

A Xunta crea un novo programa de bolsas para que a mocidade do exterior curse Formación Profesional de nivel básico en Galicia

Destínanse 351.000 euros ao financiamento dun total de 54 bolsas.

 

A través do programa 'Retorna Mocidade' o alumnado recibirá 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23.

 

Poderán cursar formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións no Universidade laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol).

 

A formación básica incorpórase así ao paquete de axudas deste tipo centradas ata o de agora nas bolsas para a FP de grao Superior ou as de Excelencia.

 

Imaxe do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en Santiago de Compostela
Imaxe do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022.

 

A Xunta convoca este ano un total de 54 bolsas para a mocidade do exterior co fin de que cursen en Galicia estudos de Formación Profesional de nivel básico. O Consello deulle hoxe o visto e prace a esta orde de axudas para á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total de 351.000€ para o vindeiro curso académico 2022-23. 

 

As bolsas, dotadas con 6.500€ cada unha delas, inclúen a viaxe desde o país de procedencia, o aloxamento e manutención en Galicia e a subscrición dun seguro médico de ser o caso. Ad e os beneficiarios recibirán un primeiro pagamento de 3.700€ no primeiro trimestre do curso (co único requisito de estar matriculado) e un segundo pagamento de 2.800€ no segundo trimestre da formación. Neste caso o alumno ou alumna deberá ter aprobado o 70% dos módulos cursados no primeiro trimestre.

 

Esta medida, incluída dentro da Estratexia Galicia Retorna posta en marcha polo Goberno galego, busca incentivar o retorno dos galegos e galegas do exterior, non só das e dos emigrados, senón tamén das e dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos e fillas nos centros de formación profesional da comunidade así como o acceso ao mercado laboral. Enmárcase, ademais, no paquete de accións deste tipo desenvolvidas ata o momento como son as bolsas para cursar estudos de FP de grao Superior e as Bolsas de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME), estas últimas da Secretaría Xeral da Emigración. 

 

Centros de formación e requisitos de acceso

 

As 54 bolsas van destinadas a cursar formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no Centro Integrado de Formación Profesional Someso, na Coruña; e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións nos CIFP Universidade Laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol), a razón de 18 prazas en cada centro. A convocatoria -en réxime de concorrencia competitiva- está dirixida á cidadanía galega residente no exterior que cumpra unha serie de requisitos como ser menor de 40 anos, posuír a nacionalidade española, acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. 

 

Ademais, é necesario ser emigrante nacida ou nacido en Galicia ou ter residido en Galicia de xeito continuado durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra algunha destas condicións e ter nacido no estranxeiro. 

 

Comisión de valoración

 

Dado que as bolsas se conceden en réxime competitivo, haberá unha comisión de valoración que examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados ata un máximo de 25 puntos segundo o baremo establecido.

 

Deste xeito, a vinculación con Galicia suma ata 15 puntos distribuídos a razón de ata 15 puntos por ser nacida ou nacido en Galicia ou que residiu de xeito continuado nesta Comunidade durante dez anos antes de emigrar; 10 puntos para persoas nadas no estranxeiro, pero fillas e fillos de emigrante nacida ou nacido en Galicia, e 5 puntos para outras persoas descendentes dunha ou dun emigrante nado en Galicia. A acreditación de experiencia laboral relacionada coa praza suma 5 puntos e a acreditación de formación relacionada coa praza outros cinco puntos. 

 

Tras a súa aprobación por parte do Consello da Xunta, a orde publicarase no Diario Oficial de Galicia, e os interesados e interesadas disporán de 45 días de prazo para formalizar as solicitudes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas