GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia

(26/07/2022)

Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia

 Imaxe da ofrenda floral a Rosalía de Castro celebrada en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela)

Imaxe da ofrenda floral a Rosalía de Castro celebrada en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela)

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022.

 

Representantes de varias entidades galegas do exterior participaron onte na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia que se desenvolveu no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde tamén se atopan os restos de Castelao, trasladados dende Bos Aires en 1984.

 

Nesta ocasión, o acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez. A representación dos galegos e galegas da emigración correspondeu ao Lar Gallego de Chile (Catalina Ramírez e Felipe Orellana), á Asociación Cultural Galega “De Berlín Son” (Lucía Núñez Rodríguez e Juan Álvarez Rodríguez) e ao Centro Galicia de Buenos Aires (José María Vila Alén e Josefina Inés Lizzano). A Misa a Rosalía data do ano 1932 e foi a primeira eucaristía celebrada en galego en 1965. Desde esa data, tódolos 25 de xullo, con motivo do “Día da Patria”, réndese homenaxe á escritora galega máis universal. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas