GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

En 2021 chegaron máis inmigrantes á zona que persoas que se foron

(26/07/2022)

En 2021 chegaron máis inmigrantes á zona que persoas que se foron

javier benito LALÍN, A Estrada / LA VOZ

 

miguel souto

 

O saldo migratorio foi positivo en sete municipios, coas únicas excepcións de Dozón e Forcarei, mellorando os resultados do primeiro ano da pandemia

 

23 jul 2022 .

 

O pasado ano contabilizáronse máis persoas que decidiron asentarse en Deza e Tabeirós-Terra de Montes que aquelas que decidiron asentarse noutros lugares de Galicia ou do mundo. En concreto o saldo migratorio positivo situouse nas comarcas en 419 cidadáns. Foron sete os municipios que lograron gañar veciños a través desa diferenza entre inmigrantes e emigrantes, con tan só dúas onde se perdía poboación tamén por esta vía. Ocorreu tanto en Forcarei, con once persoas de saldo negativo no 2021, como en Dozón, neste caso tamén con once, segundo os datos feitos públicos onte polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

¿Onde se produciu un saldo migratorio mellor na zona? Ocorreu en Lalín, onde foron 165 persoas. No municipio lalinense o saldo externo, é dicir, a diferenza entre inmigración e emigración co resto de España ou o estranxeiro foi positivo en 196 persoas, con 55 no primeiro caso e 141 no segundo; mentres, o saldo interno foi negativo en 31 cidadáns, ao lograr 32 altas no apartado interprovincial pero perder 63 respectos ao resto de Galicia. En segundo lugar situouse Silleda, que «gañou» o pasado ano 113 residentes. O saldo interior foi favorable en 65 persoas e o exterior en 48. A terceira posición ocupouna Cerdedo-Cotobade, cun saldo migratorio positivo de setenta habitantes, con 81 favorables no interno, mentres que foi negativo, con once menos, no externo.

 

En Agolada a comparativa entre inmigrantes e emigrantes recibidos tamén tivo un saldo positivo de 35 persoas o ano pasado, con 18 procedentes do saldo interno e 17 do externo. Xa en Vila de Cruces a cifra repetíase de novo, con 35 máis, aínda que con cambios respecto ao outro municipio dezán, xa que aquí houbo saldo negativo interno, con seis de diferenza á baixa, mentres foi positivo en 41 no externo. A máis distancia situouse A Estrada, que tivo saldo migratorio positivo de 22 persoas, grazas ao resultado externo, onde foron 51 máis os inmigrantes que os emigrantes, perdendo 29 no saldo interno. Para rematar, tamén pechou en positivo Rodeiro, só nunha persoa, grazas ao saldo externo de 32 máis, porque descendeu en 31 no interno.

 

Doutras zonas galegas chegaron 1.333 dos 2.214 inmigrantes

 

Polo que se refire ás persoas chegadas a Deza e Tabeirós-Terra de Montes, a maioría dos inmigrantes procedían doutros puntos de Galicia, é dicir, considéranse internos en termos estatísticos. En concreto foron o pasado ano 1.333 do total de 2.214 que recalaron nos nove municipios da zona e, xa que logo, 881 procedían do resto de España ou do estranxeiro, considerados inmigrantes externos.

 

Tan só en Lalín houbo máis inmigración externa. En concreto foron 364 persoas polas 320 que chegaron de Galicia, destacando entre elas as 198 do resto da provincia, para un total de 684. Na Estrada foron 432 inmigrantes, 268 internos e 164 externos, polos 374 de Silleda, con 244 e 130 respectivamente, ou os 278 de Cerdedo-Cotobade, con 217 e 61. En Vila de Cruces recalaron o ano pasado 171 inmigrantes, 108 e 63; 91 en Agolada (43 e 38); 83 en Forcarei (56 e 27); 81 en Rodeiro (43 e 38); e 20 en Dozón (17 e 3).

 

Dos 1.795 emigrantes, 1.290 seguiron en Galicia e 505 foron ao resto de España ou o exterior

 

Das comarcas saíron un total de 1.795 emigrantes o pasado ano, quedándose a maioría, en concreto 1.290, en Galicia, mentres que só 505 fóronse ao resto de España ou ao estranxeiro. En canto ao detalle por municipios, os emigrantes internos foron 351, quedándose 166 na provincia pontevedresa e 185 fóronse a algún lugar ás outras tres da comunidade galega. Na Estrada foron 297, con 123 e 174 respectivamente, mentres en Silleda marcháronse 179, con 89 dentro da propia provincia e 90 ao resto de Galicia.

 

De Cerdedo-Cotobade fóronse 136, con 125 dentro Pontevedra e só once a outros sitios das tres provincias restantes. No caso de Vila de Cruces, son 114, 68 dentro da provincia e 46 fóra, polos 74 de Rodeiro, con 45 e 29 respectivamente. Para rematar, foron 72 en Forcarei, 42 en Agolada e 35 en Dozón.

 

En canto á emigración externa, de Lalín fóronse 168 persoas, 86 a outras comunidades españolas e 82 ao estranxeiro, por 113 na Estrada, 80 e 33, mentres foron 82 en Silleda, 58 e 24. A continuación figuran as 72 persoas que deixaron Cerdedo-Cotobade, 50 a outras comunidades e 22 ao exterior; 22 en Vila de Cruces, 19 e 3; 22 en Forcarei, 10 e 12; 14 en Agolada, 13 e 1; 6 en Rodeiro, 4 e 2; e 6 en Dozón, 4 e 2.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas