GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra que este venres péchase a convocatoria do programa “Reencontros co Xacobeo”, destinado a 205 galegas e galegos do exterior vinculados ás entidades de España, Europa e América

(20/07/2022)

Emigración lembra que este venres péchase a convocatoria do programa “Reencontros co Xacobeo”, destinado a 205 galegas e galegos do exterior vinculados ás entidades de España, Europa e América

O programa está dirixido a galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo.

 

Este ano recupérase a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América.

 

O programa desenvolverase na primeira quincena de outubro, realizando pequenas etapas do Camiño de Santiago.

 

O prazo de solicitude está aberto ata o 22 de xullo

O prazo de solicitude está aberto ata o 22 de xullo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que este venres, día 22, péchase a convocatoria do programa “Reencontros co Xacobeo”. Cun total de 205 prazas, a iniciativa está destinada a persoas maiores de 65 anos vinculadas ás entidades galegas do exterior para realizar o Camiño de Santiago durante unha semana no mes de outubro deste ano.

 

Esta programa ten como obxectivo promover os lazos das persoas vinculadas ás entidades galegas con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago que existen tanto no resto das comunidades autónomas, como nos países europeos. Este ano vólvese abrir a convocatoria tamén aos centros galegos de América.

 

Deste xeito, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes poden colaborar como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares nos que os centros teñen a súa sede.

 

Esta iniciativa oferta 205 prazas desenvolvéndose, previsiblemente, na primeira quincena de outubro. Consiste en realizar pequenas etapas do Camiño de Santiago e un achegamento ao patrimonio cultural e natural das respectivas zonas visitadas.

 

Este programa, que conta cunha dilatada traxectoria, desenvolveuse o ano pasado e o actual centrados no Ano Santo de cara a promocionar o Xacobeo sen perder o espírito de reencontro con Galicia co que naceu esta iniciativa fai máis de 30 anos. 

 

Máis información nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas