GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornadas e retornados a través do Programa Merlo

(20/07/2022)

Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornadas e retornados a través do Programa Merlo

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización. 

 

Este programa ten como obxectivo apoiar e asesorar, a través da colaboración coa Fundación Ronsel, ás e aos emprendedores galegos que regresan e poñen en marcha un negocio de cara a que poidan contar cunha maior garantía de éxito que favoreza a súa integración social na comunidade. 

 

O 60% das persoas beneficiarias do proxecto este ano son mulleres e o 75% do total teñen entre 30 e 49 anos.

 

A Secretaría Xeral da Emigración mantén aberta a convocatoria da liña de Axudas ao Retorno Emprendedor cun orzamento dun millón de

 

Imaxe do acto deste mediodía celebrado en Santiago de Compostela

Imaxe do acto deste mediodía celebrado en Santiago de Compostela

 

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, no hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, ao encontro organizado pola Fundación Ronsel para poñer en contacto ás emprendedoras e emprendedores galegos retornados participantes no Programa Merlo e ás e aos seus mentores, cos que traballarán ao longo deste ano para potenciar as súas iniciativas empresariais.

 

Preto de medio centenar de persoas asistiron a este networking que forma parte do Programa Merlo de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos xurdido da colaboración o ano pasado entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel.

 

Este programa ofrece mentorización, e por tanto, apoio e asesoramento, ás e aos emprendedores galegos retornados de cara ao apoio e acompañamento no desenvolvemento e consolidación dos seus negocios ou actividades profesionais, co obxectivo de que poidan contar cunha maior garantía de éxito que favoreza a súa integración social e empresarial en Galicia.

 

Estas e estes mentores realizan un servizo de acompañamento que reforza as habilidades e fortalezas das e dos emprendedores de cara a potenciar e consolidar os seus proxectos profesionais cunha maior garantía de éxito, contribuíndo así a mellorar a súa competitividade e produtividade do seu negocio e garantindo a súa permanencia en Galicia.

 

Das 104 persoas inscritas no programa para este ano, o 60% son mulleres e o 75% do total teñen entre 20 e 49 anos. Proceden de 21 países diferentes e os seus negocios atópanse inmersos en tipoloxías de proxectos de todo tipo, dende enxeñarías pasando por Industria 4.0, negocios en liña ou hostalaría. 

 

Tal e como destacou Antonio Rodríguez Miranda, o éxito da primeira convocatoria “levou a continuar a colaboración coa Fundación Ronsel, e este ano cubríronse completamente o número de prazas ofertadas, chegando así ao centenar de empresarios tutelados. Isto vén demostrar que se trata dunha moi boa experiencia que cumpre coa súa finalidade”.

 

A Secretaría Xeral da Emigración mantén nestes intres aberta a súa liña de axudas para o apoio ao retorno emprendedor, cun orzamento dun millón de euros. Dende 2017 destináronse a este fin tres millóns de euros, con máis de 500 proxectos apoiados que permitiron unha mobilización de 25 millóns de euros na economía galega. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas