GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actúa en Marín como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior

(19/07/2022)

O Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actúa en Marín como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior

 

Imaxe da actuación do pasado domingo na vila pontevedresa de Marín

Imaxe da actuación do pasado domingo na vila pontevedresa de Marín

 

Marín (Pontevedra), 19 de xullo de 2022.

 

O conxunto artístico Alborada do Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actuou na noite do pasado domingo, 17 de xullo, no concello de Marín, continuando coas actividades do VI Día da Galicia Exterior. Este municipio pontevedrés conta cunha importante cifra de galegas e galegos que residen no exterior, cun total de 2.389 persoas. Na actuación estivo presente a subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato.

 

O VI Día da Galicia Exterior, festexado o sábado 9 de xullo en Santiago de Compostela, foi unha xornada de confraternidade para celebrar o Ano Santo Xacobeo entre as 31 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior participantes, reunindo a máis dun milleiro de galegas e galegos de todo o mundo. Destas asociacións, algunhas delas continúan na comunidade, como é o caso do Centro Gallego de Mar del Plata, para compartir a música e a tradición galegas polas distintas vilas de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas