GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España necesitaría 10 millóns de traballadores inmigrantes en dúas décadas para garantir as pensións

(15/07/2022)

España necesitaría 10 millóns de traballadores inmigrantes en dúas décadas para garantir as pensións

Co sistema actual, a cantidade de cotizantes á Seguridade Social non basta para pagar o aluvión de xubilacións dos próximos anos, cando se empezan a retirar moitos dos 'baby boomers' do desenvolvismo español dos 60 e 70's.

galiciapress. xoves, 14 de xullo de 2022


Catalunyapress pensionsmigr

 

Se se pensa na parte da vida posterior á etapa laboral, unha das ideas asociadas é a das pensións. E nun contexto tan delicado como o actual (e o dos últimos anos), as cotizacións e que haxa traballadores afiliados á Seguridade Social e que paguen impostos é clave para que a hucha pública non se baleire. Neste sentido, é necesario mesmo que España atraia traballadores de máis alá das súas fronteiras.

Un dos cálculos é que, nos próximos anos, necesitaranse uns 10 millóns de traballadores inmigrantes para garantir o pago das pensións da xeración do baby boom (o dos nados entre 1957 e 1977).

De feito, segundo as estimacións do ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a poboación en España subirá ata os 54 millóns de persoas en 2050 (na actualidade está lixeiramente por baixo dos 47,5 millóns de persoas) e será necesario que, aproximadamente, o 18% dos traballadores sexan estranxeiros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas