GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A unidade móbil de Cruz Vermella atendeu a 25 refuxiados en Lalín

(13/07/2022)

A unidade móbil de Cruz Vermella atendeu a 25 refuxiados en Lalín

Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

 

Rocío Ramos

 

Moitas das consultas eran para a tramitación da TIE

 

13 jul 2022 .

 

Coa súa estancia en Lalín a unidade móbil da Xunta, en colaboración con Cruz Vermella de apoio aos refuxiados ucraínos, acabou onte o seu periplo por Galicia. A capital dezana foi o último punto no que recalou este programa que se pechaba onte. A unidade estivo estacionada desde o pasado venres ata as 14.00 horas de onte na Praza Galicia.

 

Durante este tempo, explicaba onte Marta Lamas, a traballadora social que estes días asesorou ás persoas que pasaron para alí coa axuda da intérprete de ucraíno e ruso Anastasia Levcenko, atenderon a 25 persoas, todas elas refuxiados ucraínos residentes en Lalín.

 

A maior parte das consultas, explica, estiveron relacionadas co Cartón de Identidade de Estranxeiro (TIE) solicitando información sobre como tramitala e que documentación tiñan que presentar. Desde a unidade axudáronlles nos trámites e na solicitude de citas. A estas consultas sumábanse as relacionadas con recursos sociais, especialmente de alimentación e roupa. Antes de en Lalín, a unidade estivo en Ourense, Melide, Lugo, Monforte, Burela, Pontevedra e Vilagarcía. Onte regresaban a Santiago para facer o traballo administrativo iniciado. Fóra da furgoneta, durante estes días, a voluntaria de Cruz Vermella lalinense, Marlén Vásquez informou as persoas que se achegaron ata a zona sobre a atención que se prestaba na unidade móbil e repartiu folletos informativos. Houbo quen preguntou, di, por que facer para acoller a algún refuxiado.

 

Marta Lamas sinalou que, en xeral, as consultas dependeron moito do tempo que os refuxiados levaban xa en Galicia. Os que chegaron hai pouco querían saber como realizar trámites básicos como a residencia ou obter o cartón sanitario, mentres que a medida que a estancia era xa maior as consultas se dirixían a expor dúbidas sobre prestacións sociais, como atopar emprego, e mesmo, nalgúns casos, que opcións terían no caso de que quixesen, chegado o caso, de regresar a Ucraína.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas