GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense alerta de erros nos impostos dos retornados de Alemaña

(11/07/2022)

A Secretaría de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense alerta de erros nos impostos dos retornados de Alemaña

 

Luis Gulín web 

Luis Gulín, secretario de Migracións do PSdeG-PSOE de Ourense

 

La Región Internacional 10/07/2022 

 

Aseguran que os erros non son unha práctica exclusiva do contribuínte senón tamén da AEAT, polo que instan aos afectados a acudir á oficina máis próxima se a cantidade reclamada non coincide

 

A secretaría de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense vén de alertar da existencia de erros no cómputo de impostos dos emigrantes retornados de Alemaña por mor da dobre imposición internacional. Os e as socialistas advirten de que algúns contribuíntes están a calcular automaticamente o importe correspondente ao chamado ‘imposto do 5 por cento’ que deben abonar á Facenda alemá, malia non ter recibido o pertinente requirimento por parte da Axencia Tributaria do país xermano.

 

“Lembramos ás e aos contribuíntes que deben agardar ata recibir por parte da Facenda alemana a notificación coa cantidade exacta a pagar, dado que non adoita ser na maior parte dos casos o 5 por cento matemático, ao aplicarse táboas do mínimo exento fiscal en Alemaña e considerarse tamén os ingresos das pensións españolas”, detallou o secretario provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín, quen engadiu que “a Facenda española pode comprobar posteriormente na base de datos da Facenda alemá que ata a data non houbo requirimento nin pago realizado”.

 

Ademais, o socialista asegurou que os ditos erros non son unha práctica exclusiva do contribuínte, senón tamén da AEAT, xa que “algúns retornados solicitaron cita presencial para realizar a declaración nas oficinas de Facenda e comprobaron estrañados como os propios funcionarios tamén calcularon o 5 pro cento matemático sobre a pensión de Alemaña, incluíndo a cantidade na casilla da dobre imposición internacional”.

 

Así as cousas, dende a secretaría de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense instan ás afectadas e afectados a gardar a documentación correspondente e comprobar se a cantidade coincide no momento de recibir a reclamación alemá. “No caso contrario, deben dirixirse á oficina máis próxima da AEAT para previr posibles requirimentos por deducións indebidas”, conclúe Gulín.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas