GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A unidade móbil de apoio aos refuxiados ucraínos chega a Lalín o venres

(08/07/2022)

A unidade móbil de apoio aos refuxiados ucraínos chega a Lalín o venres

 

A Voz LALÍN / A VOZ

06 jul 2022 .

A unidade móbil de apoio ás persoas refuxiadas ucraínas estará en Lalín desde mañá venres, día 8, ao día 12 na Praza de Galicia e presentará atención ás persoas interesadas en horario de 10.00 a 14.00 horas. O servizo, posto en marcha pola Xunta en colaboración con Cruz Vermella, ten como obxectivo ofrecer orientación e axuda sobre trámites básicos como a escolarización, a atención sanitaria ou a adquisición de competencias lingüísticas. A unidade conta con tradutores e profesionais de servizos sociais para asesorar sobre os recursos da zona.

Aos refuxiados ofréceselles tamén a posibilidade de trasladar as súas consultas a través do correo electrónico galicia@cruzroja.es ou a través do teléfono ou por WhatsApp no número 604 044 018. Ademais habilitouse a páxina web ucraina.cruzvermella.gal que conta con información e ofrece a posibilidade de solicitar cita previa. Estes servizos pódense utilizar en varios idiomas; español, ucraíno, ruso, inglés e galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas