GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración participa no acto de presentación da bandeira orixinal da Liga de Amigos do Carme do Concello de Pontecesures (Pontevedra)

(04/07/2022)

Emigración participa no acto de presentación da bandeira orixinal da Liga de Amigos do Carme do Concello de Pontecesures (Pontevedra)

 Imaxe de hoxe en Pontecesures

Imaxe de hoxe en Pontecesures

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Pontecesures (Pontevedra), 3 de xullo de 2022.

 

A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, asistiu hoxe ao acto de homenaxe á emigración galega no concello de Pontecesures, que tivo, como eixe central, a presentación pública da acta fundacional da Liga de Amigos do Carme e a bandeira orixinal desta efeméride que posúen no concello. Acompañou así ao alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal, e á corporación municipal nuns actos que se desenvolveron no salón de plenos da casa consistorial.

 

A Bandeira da Virxe do Carme foi doada polos descendentes galegos dos orixinarios asinantes da acta fundamental da Liga de Amigos do Carmen, e atópase exposta no salón de plenos do Concello de Pontecesures. Durante anos, esta bandeira foi portada polos pescadores cesureños que asistían á procesión o día da Virxe do Mar. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas