(29/06/2022)
Borrell recoñece que a política de inmigración e asilo de Europa "é un fracaso"
Durante unha entrevista na Cadea SER, o xefe da diplomacia da UE lembrou que "algúns países non queren inmigrantes".
Redacción El HuffPost
28/06/2022
Josep Borrell.
ATTA KENARE via Getty Images
O Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, recoñeceu o fracaso do continente en materia de inmigración, respecto ao drama de Melilla.
Nunha entrevista na Cadea SER, Borrell expresou que Europa ten que ter “unha política de inmigración e de asilo” e engadiu que neses puntos “non fomos capaces de atopar un acordo”.
“Necesitamos inmigrantes, hai carencia de man de obra”, comentou. Borrell tamén lamentou que hai países con distintos puntos de vista a este respecto e non dubidou en recoñecer que algúns deles “non queren migrantes”.
Respecto ao aumento dos países do gasto en Defensa, o xefe de Exteriores lembrou que a UE “non é unha alianza militar” e descartou a idea de crear un exército común. Con todo, apuntou que si hai que traballar nas capacidades comúns que están a acelerar pero que, desde o seu punto de vista, van “demasiado amodo”.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas