GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo roza os 300.000 habitantes

(23/06/2022)

Vigo roza os 300.000 habitantes

 

Alejandro Martínez VIGO

 

 

M.MORALEJO


A cidade gañou 1.711 residentes no últimos seis meses

22 jun 2022 .


Vigo está a piques de alcanzar os 300.000 habitantes. O padron municipal, ao 15 de xuño era de 299.321 cidadáns. O alcalde, Abel Caballero, destacou o rápido crecemento da poboación porque, ao 1 de xaneiro, o censo era de 297.610 habitantes, segundo a medición do Concello. «É unha mostra do que está a suceder na cidade».

Con todo, hai outra cifra que se achega máis á realidade e é a que marca o Instituto Nacional de Estatística, que sempre indica unha un número menor de habitantes. Segundo a última actualización do INE, o padrón municipal é de 293.837 habitantes. Concellos grandes como o de Vigo adoitan sufrir duplicidades no censo de persoas que permanecen empadroadas no seu municipio de orixe ou que se rexistran en localidades da contorna onde teñen unha segunda vivenda e pagan así menos taxas ou impostos. A falta de concordancia entre os datos municipais e os estatais débese tamén ao fenómeno da inmigración. Vigo é o lugar de entrada de miles de estranxeiros que non sempre fixan a súa residencia na cidade.

Vigo dobra o volume de poboación de capitais con tradición histórica como Salamanca, Badaxoz, Logroño ou Huelva, triplica as de Lugo, Cáceres ou Guadalaxara, ou cuadriplica as de Palencia e Ciudad Real. Vigo conta con máis masa crítica que enclaves como Vitoria, A Coruña, Granada, Oviedo, Tenerife, Pamplona ou Almería, capitalidades que están por baixo da primeira cidade galega aínda que suman máis de 200.000 vecinos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas