(21/06/2022)
MARUXA ALFONSO
21 jun 2022 .
Facer reflexionar aos veciños sobre a convivencia cos inmigrantes, que no Grove son moitos, é o principal obxectivo do festival Nos Seus Pés, un evento creado no 2017 para axudar ás persoas refuxiadas da ruta mediterránea «a través de dúas asociacións que aportan significado á palabra humanidade: Project Elea e ProemAID», segundo comentan os voluntarios mecos encargados de pór en marcha a actividade. Ambas as oenegués levan anos dedicadas a atender a miles de refuxiados que atravesan o Mar Mediterráneo, Project Ela desenvolve, de feito a súa actividade no campo de Eleonas, en Atenas, proporcionando coidados básicos e atención sanitaria aos que alí residen de xeito temporal. ProemAID, pola súa banda, dedícase a rescatar aos inmigrantes evitando que morran afogados.
Tras dous anos de parón xerados pola aparición do covid-19, o festival recuperará o pulso o próximo outono. Será os días 21, 22 e 23 de outubro na praza do Corgo. Haberá música, bo ambiente, e actividades lúdicas e didácticas para que os presentes poidan «poñerse nos pés desas persoas abandonadas polas institucións que precisan dunhas mans solidarias para sobrevivir». O evento é posible grazas a unha enorme rede de voluntarios e o apoio do Concello do Grove.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas