GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración convoca o programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 galegas e galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América, percorran o Camiño de Santiago

(17/06/2022)

Emigración convoca o programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 galegas e galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América, percorran o Camiño de Santiago

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegas e galegos do exterior de entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.

 

Recupérase así a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América.

 

O programa desenvolverase na segunda quincena de setembro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas.

 

Imaxe de arquivo da chegada a Compostela das e dos participantes na edición de 2021

Imaxe de arquivo da chegada a Compostela das e dos participantes na edición de 2021

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022.

 

O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación das persoas vinculadas ás entidades galegas do exterior no programa “Conecta co Xacobeo”.

 

Esta iniciativa, que se desenvolveu por primeira vez o ano pasado, ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto das comunidades autónomas españolas, como nos países europeos. Este ano vólvese abrir a convocatoria tamén aos galegos e galegas residentes nos países americanos.

 

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

 

En total convócanse 250 prazas, podendo participar nesta ocasión as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade asentadas e as e os seus membros de entre 18 e 64 anos.

 

Este programa, que conta cunha dilatada traxectoria, desenvolveuse o ano pasado e o actual centrados no Ano Santo de cara a promocionar o Xacobeo sen perder o espírito de reencontro con Galicia co que naceu esta iniciativa fai máis de 30 anos.

 

O programa desenvolverase, previsiblemente, na segunda quincena de setembro. As e os participantes percorrerán os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas durante as que se realizará un achegamento ao patrimonio cultural e natural das respectivas zonas do traxecto.

 

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo dos traslados das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes desde o seu lugar de orixe ata Galicia e dos de regreso. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos internos en Galicia e do seu aloxamento e manutención.

 

O prazo de presentación de solicitudes, que se abre mañá, remata o próximo 17 de xullo. Máis información nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas