GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración convoca á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de xullo

(14/06/2022)

Emigración convoca á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de xullo

O DOG publica hoxe a convocatoria desta reunión que se celebrará a véspera do Día da Galicia Exterior e que, por primeira vez en dous anos, poderá ser presencial.

 

Analizaranse temas como a situación das Comunidades Galegas no mundo e a aplicación dos diversos programas sociais.

 

Dende 2020 realizáronse cinco reunións da Comisión Delegada, todas elas, de xeito telemático.

 

Imaxe de arquivo dunha reunión da Comisión Delegada do CCG celebrada en Santiago de Compostela

Imaxe de arquivo dunha reunión da Comisión Delegada do CCG celebrada en Santiago de Compostela

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022.

 

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que se poderá realizar de xeito presencial, por primeira vez en dous anos, o próximo 8 de xullo, previa ao VI Día da Galicia Exterior. Dende o 2020, realizáronse cinco comisións delegadas, todas elas, de xeito telemático.

 

Este encontro supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior no que se analizará a situación na que se atopan estas colectividades, así como a aplicación dos diversos programas sociais que se están a levar a cabo para apoiar aos galegos e galegas con maiores necesidades. 

 

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da Comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando ás e aos galegos de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan aos galegos e galegas que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membro nato do organismo atópase a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

 

A Comisión, que se reúne con carácter ordinario alomenos unha vez ao ano, está presidida polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, como vicepresidente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas