(13/06/2022)
CARBALLO / LA VOZ
ABELENDA
11 jun 2022 .
Emigrantes da Costa da Morte e do resto de Galicia participan hoxe no 60 aniversario do círculo español da comuna (municipio) de Sainte-Croix, no cantón de Vaud, en Suíza . É o máis equivalente aos históricos centros galegos, que se han ir reconvertendo aos novos tempos e normativas, máis centrados en lugares de reunión, bares e cafeterías que as entidades que foron no seu momento, e tamén acomodados á nova realidade migratoria.
O de Sainte-Croix, un lugar que non chega aos 5.000 habitantes, ao lado da fronteira con Francia, e que tivo unha notoria industria, é dos máis antigos do país (A Nosa Galiza de Xenebra foi o pioneiro), e mantense sobre todo grazas ao tesón de Antonio Buyo, natural de Betanzos , primo do soado porteiro do Madrid, que leva 53 anos con el. Entre os asiduos do local hai emigrantes de Coristanco ou Muxía, entre outros moitos lugares, e estarán na comida de hoxe, con preto dun centenar de reservas. Tamén tocará o grupo Vos de Abaixo, de Santiago e comarca, e unha parte da Roda de Lausana, con intensas raíces na Costa da Morte.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas