GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As mulleres retornadas poderán incorporarse ao mercado de traballo a través do novo programa da Xunta dirixido ao rural e ao espazo urbano

(08/06/2022)

As mulleres retornadas poderán incorporarse ao mercado de traballo a través do novo programa da Xunta dirixido ao rural e ao espazo urbano

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, compareceu en comisión parlamentaria para explicar as características principais da nova iniciativa autonómica de apoio á muller.

 

A actuación, que conta cun orzamento de 2,8 millóns de euros, enmárcase no Plan Emprega Muller dotado con 35,8 millóns de euros para 2022.

 

O programa busca incrementar a participación das mulleres na actividade económica en dous sectores principais: a economía verde e dixital.

 

As mulleres retornadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e residir en municipios de menos de 5.000 habitantes, co prazo de inscrición aberto ata o mes de outubro.

 

O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de outubro

O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de outubro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022.

 

As mulleres retornadas poderán beneficiarse do novo programa da Xunta de apoio ás mulleres nos ámbitos rural e urbano, incluído no Plan Emprega Muller, presentado pola directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, na comisión parlamentaria onde destacou as súas características.

 

A iniciativa, cun investimento de 2,8 millóns de euros busca enriquecer a captación de mulleres desempregadas e retornadas na actividade económica das súas zonas de residencia con accións centradas na formación, no emprendemento e no asesoramento nos eidos dixital, tecnolóxico, da economía social ou aproveitamento forestal, pesqueiro e agrario, entre outros. A Xunta estima a participación de preto de 1.100 mulleres nesta actuación, o que suporá, en palabras de Lado, un investimento medio por muller de 2,552 euros para “formar e recuperar o talento feminino”. Deste xeito, do total de participantes, unhas 220 mulleres como mínimo, incorporaranse ao mercado de traballo ao remate da iniciativa. 

 

Para participar, as mulleres retornadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e residir, preferentemente, en municipios de menos de 5.000 habitantes que presenten necesidades de cualificación ou recualificación formativa ou profesional para poder acceder a un sector laboral concreto relacionado principalmente coa economía verde e dixital, xa que o 35% das participantes deberán realizar un itinerario individualizado orientado ao desenvolvemento de competencias en empregos verdes, e o outro 35% en empregos dixitais. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo mes de outubro.

 

A directora xeral destacou o papel fundamental que xogan as entidades locais no desenvolvemento deste programa, xa que son elas as destinatarias das axudas da Xunta para que poidan poñer en marcha a actuación. Por iso, a formación impartida estará relacionada cos postos de traballo con perspectivas territoriais, derivados das necesidades do mercado laboral rural e urbano no que se desenvolva o programa. 

 

Esta iniciativa terá unha duración de 12 meses, e reverterá na sociedade desde tres piares: sobre as mulleres retornadas participantes; sobre a contorna, xa que mellorará o desenvolvemento produtivo das zonas onde se realice; e sobre a loita contra a desigualdade, xa que a iniciativa tamén busca facer fronte á fenda de xénero que, sobre todo, existe no medio rural, ao tempo que busca a permanencia das mulleres no seu territorio mellorando a súa perspectiva profesional. “Fomentamos a fixación do talento das mulleres no territorio”, engadiu Lado. 

 

Emprega Muller


O novo programa autonómico enmárcase no Plan Emprega Muller, que conta para este ano cun orzamento de 35,8 millóns de euros, co obxectivo de facer fronte aos efectos socioeconómicos derivados da pandemia tendo en conta as particularidades do territorio galego e co fin de loitar contra a fenda de xénero. 

 

Emprega Muller, segundo Lado, é unha nova oportunidade de apoio para as mulleres que queiran mellorar a súa empregabilidade no ámbito rural e urbano galego. “É unha firme e nova vía para apoiar o crecemento en feminino de toda a sociedade galega e un compromiso reafirmado do Goberno da Xunta polas persoas, pola nosa contorna, pola igualdade e polo futuro social, económico e territorial de Galicia”.

 

O Plan Emprega Muller inclúe o desenvolvemento de cinco novos programas. Ademais do destinado ao medio rural e urbano, Lado destacou os novos programas integrados de emprego exclusivos para mulleres, dotados con 4,8 millóns de euros, e que se desenvolverán en colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro; e as unidades formativas en empresas en sectores con subrepresentación feminina, que conta para este ano con 3,5 millóns de euros de investimento para financiar o 100% da formación que se imparte en centros de traballo, apoiando, ao mesmo tempo, ás empresas nas contratacións. É este último un programa no que se estima que participen 2.667 mulleres e que poidan contratarse unhas 1.100. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas