GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ministerio de Inclusión e o Comité Olímpico Internacional asinan un acordo para impulsar o deporte no sistema de acollida de protección internacional

(02/06/2022)

O Ministerio de Inclusión e o Comité Olímpico Internacional asinan un acordo para impulsar o deporte no sistema de acollida de protección internacional

 

Foto de familia


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

01/06/2022

-Ambas as partes cooperarán para crear actitudes e espazos que reforcen a participación no deporte das persoas desprazadas


O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá; o presidente do Comité Olímpico Internacional e da Olympic Refuge Foundation, Thomas Bach; o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco e o Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados, Filippo Grandi, asinaron un acordo de colaboración para impulsar o deporte no sistema de acollida de protección internacional.

En concreto, o acordo de colaboración prevé o despregamento nos centros do Ministerio de Inclusión, tanto nos existentes como nos de nova creación, dun sistema de actitudes e de espazos que fomenten e reforcen a participación no deporte, de forma activa, das persoas acollidas. No acto tamén participou o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), Filippo Grandi, vicepresidente da xunta directiva da Olympic Refuge Foundation.

O ministro Escrivá salientou durante a súa intervención “a importancia do deporte na inclusión das persoas refuxiadas no noso país, xa que hai poucas actividades que impulsen tanto a integración como a práctica do deporte”. “Xa constatamos nos centros que dependen do ministerio como as actividades deportivas, en colaboración cos clubs e asociacións veciñais, xeran amizades, fortalecen o tecido social e permiten despregar todos os valores de solidariedade, de respecto e de integración que son tan importantes para construír unha sociedade cada vez máis avanzada e xusta; este acordo vai potenciar eses efectos tan positivos do deporte”, asegurou.

Para o deseño deste sistema de actitudes e de espazos contarase co asesoramento do Comité Olímpico Español e da Olympic Refuge Foundation, que poden achegar a súa experiencia relacionada cos enfoques programáticos baseados no deporte e as metodoloxías destinadas a apoiar aos mozos refuxiados e ás comunidades españolas de acollida.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas