GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración firma un acordo de colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia co fin de facilitar a integración das e dos bolseiros BEME

(24/05/2022)

Emigración firma un acordo de colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia co fin de facilitar a integración das e dos bolseiros BEME

A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior.

 

Con este acordo preténdese facilitar a integración laboral e social das e dos bolseiros BEME e consolidar o seu establecemento en Galicia.

 

Imaxe da sinatura, esta mañá, na sede da SXE na capital de Galicia

Imaxe da sinatura, esta mañá, na sede da SXE na capital de Galicia

 

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022.

 

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou esta mañá o acordo de colaboración coa presidenta da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA), María Belén Rosbier, que permitirá destinar 20.000 euros a esta organización para o financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades culturais e sociais para a xuventude, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia co obxectivo de ofrecer aos galegos e galegas que volven á comunidade autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega. 

 

Este acordo ten como obxectivo establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como ás que retornen á Comunidade Autónoma galega, especialmente aos bolseiros e bolseiras BEME.  

 

A Secretaría Xeral da Emigración continúa así a colaboración con esta entidade para ofrecer ás persoas emigrantes retornadas á Comunidade Autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega, especialmente no caso das e dos bolseiros do programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). De feito, esta asociación constituíuse en 2019 por bolseiras e bolseiros da primeira promoción deste programa e continúa a medrar cos novos bolseiros e bolseiras que chegan cada ano. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas