GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O call center do Ministerio de Inclusión xa dá cita telefónica a refuxiados ucraínos para asesoramento laboral coa Fundación CEOE

(20/05/2022)

O call center do Ministerio de Inclusión xa dá cita telefónica a refuxiados ucraínos para asesoramento laboral coa Fundación CEOE


CREADE


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

19/05/2022


-Polo menos 3.019 persoas, isto é, o 6,5% dos desprazados ucraínos con Protección Temporal, xa teñen un emprego e alta na Seguridade Social

 
O teléfono de información 91 047 44 44, posto en marcha polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións o pasado 11 de marzo para a atención e petición de cita para Protección Temporal de refuxiados ucraínos nos distintos Centros de Recepción, Atención e Derivación (CREADE), contará desde hoxe cunha nova función: a petición de cita para ser atendido nos puntos de orientación formativa e de emprego postos a disposición pola Fundación CEOE. Desde hoxe pódese pedir cita previa para recibir esta atención nos centros de Pozuelo de Alarcón (Madrid) e Barcelona.

Nos próximos días, a Fundación CEOE estenderá tamén este servizo aos centros que o Ministerio de Inclusión ten en Alacante e Málaga. Este servizo de asesoramento laboral enmárcase na iniciativa Empresas por Ucraína posta en marcha pola institución que, ademais, ofrece máis de 2.500 vacantes de emprego en diversas empresas, para ucraínos e outros refuxiados.

As persoas ucraínas que chegan a estes Centros de Recepción, Atención e Derivación poden realizar diversos trámites dentro destes recursos, entre os que xa se atopa a documentación a través da Protección Temporal, a asignación dun Número da Seguridade Social, a acollida naqueles casos que así o precisen ou o asesoramento facilitado pola CEOE en materia laboral.

Máis de 3.000 ucraínos con Protección Temporal xa traballan en España

Ao 30 de abril de 2022, é dicir, en menos de dous meses de residencia en España, había 47.231 persoas ucraínas en idade laboral cunha autorización de Protección Temporal en España, 36.528 delas, mulleres, (isto é, 77% do total). Destas 47.231 persoas, 3.019 atopábanse en alta laboral.

Estas cifras, facilitadas pola Subdirección Xeral de Análise Migratoria do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, reflicten que o 6.5% dos desprazados xa teñen un emprego e alta na Seguridade Social, unha porcentaxe relevante se temos en conta a alta presenza neste grupo de mulleres con nenos a cargo e sen nocións de lingua española.

51.866 ucraínos atendidos nos CREADE

Inclusión publica quincenalmente unha infografía interactiva que permite acceder ás profesións desempeñadas en Ucraína por parte das persoas refuxiadas, así como o seu nivel de estudos, idade, sexo ou información sobre o modo de transporte utilizado para chegar a España. O 60,4% destas persoas contan con estudos superiores, o 54% deles chegaron a España en autobús ou coche, e o 40% fixérono en avión.

Nos catro CREADE despregados polo Ministerio en Pozuelo de Alarcón, Barcelona, Alacante e Málaga, Inclusión atendeu a 51.866 ucraínos.

Ademais, o Goberno concedeu un total de 105.541 proteccións temporais a desprazados pola guerra de Ucraína desde que comezou o conflito.

https://public.tableau.com/views/ucrania_16490687789290/ucrania_cifras?%3AshowVizHome=no&%3Aembed=true#1 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas