GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consello da Cultura Galega organiza unha xornada para analizar o exilio galego de posguerra en América do Norte

(19/05/2022)

O Consello da Cultura Galega organiza unha xornada para analizar o exilio galego de posguerra en América do Norte


José Rubia Barcia, Ernesto Guerra da Cal, Emilio González López, Ramón Martínez López ou Eugenio Fernández Granell comparten o feito de ser intelectuais galegos que se tiveron que exiliar entre 1936 e 1939. Os roteiros que seguiron, así como a evolución do seu pensamento e a relación entre vida e obra, forman parte da sesión ‘Fragmentos da comunidade: ou exilio galego de posguerra en América do Norte’ que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Observatorio da Lingua Española e as Culturas Hispánicas nos Estados Unidos do Instituto Cervantes. A cita desenvolverase a través da plataforma Zoom (en liña o xoves, 19 de maio ás 19:00, hora española) e ten aberta a súa participación.

Redacción, Santiago
Crónicas da Emigración 18/05/22 -

Alejandro Alonso Nogueira, profesor de Literatura Contemporánea na City University of New York, e José Losada-Montero, profesor e director do Programa de Español en Southwest Minnesota State University participan nesta sesión que analizará os roteiros que varios intelectuais galegos víronse obrigados a deixar España entre 1936 e 1939, mostrando a relación entre pensamento, acción e vida na súa obra.

Na súa intervención analizaranse as figuras de intelectuais como José Rubia Barcia, Ernesto Guerra da Cal, Emilio González López ou Ramón Martínez López e de artistas como Eugenio Fernández Granell. Os seus traballos académicos e intelectuais fan un esforzo por reconstruír un relato comunitario e por articular un espazo político, no que se percibe a memoria da cultura republicana e a experiencia da guerra. Moitos destes intelectuais, tras a Guerra Civil española, incorporáronse a universidades americanas, pero, aínda que compartían formación política e experiencia histórica, as súas carreiras profesionais foron diferentes. Na sesión tentarase reconstruír os seus contextos intelectuais, prestando especial atención ás tensións e loitas discursivas que estruturan o campo cultural dos exilios galego e español.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas