GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta convoca hoxe as Unidades Formativas en Empresas coas que prevé 560 accións para a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas

(18/05/2022)

A Xunta convoca hoxe as Unidades Formativas en Empresas coas que prevé 560 accións para a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria de axudas cun importe de 14 millóns de euros. 

 

As empresas beneficiarias destes apoios asumen o compromiso de contratar con carácter indefinido e prioritariamente a tempo completo ao 40% das persoas participantes.

 

As axudas para os anos 22 e 23 destinarán a metade do orzamento, 7M€, a impulsar a contratación de mulleres en sectores nos que están infrarrepresentadas.

 

A Xunta priorizará a participación nas accións de persoas desempregadas de colectivos prioritarios como o da discapacidade, emigrantes retornadas, menores de 30, paradas de longa duración, vítimas da violencia de xénero ou en exclusión social.

 

O prazo de solicitude para as empresas que desexen optar a estes impulsos permanecerá aberto ata o próximo 20 de xuño.

 

Este programa é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

Este programa é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria, dotada con 14 millóns de euros, coa que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade financiará 560 accións formativas con compromiso de contratación en empresas, coa previsión de inserir a 2.142 persoas desempregadas ata 2023. 

 

Poden beneficiarse destas axudas as empresas -calquera que sexa a súa forma xurídica-,  agrupacións temporais de empresas e aquelas que sexan entidades con centros de formación inscritos no ámbito laboral. Terán prioridade na fase de baremación de solicitudes as firmas que conten ou teñan solicitado un plan de igualdade de xénero. 

 

As axudas hoxe convocadas e con prazo de solicitude aberto ata o próximo 20 de xuño, teñen vencellado un compromiso de contratación por parte das empresas de polo menos o 40% das e dos participantes nas accións, nas que se estima poidan tomar parte arredor de 5.355 persoas sen emprego. No marco da orde, prímase ademais a inserción laboral de persoas con discapacidade, emigrantes retornadas, menores de 30 e paradas de larga duración, vítimas de violencia de xénero e trabaladoras e traballadores en risco de exclusión social. 

 

A orde ademais reserva a metade do seu orzamento, 7M€, a cualificar e impulsar a contratación de mulleres en sectores nos que se atopan infrarrepresentadas. No seu caso, ao igual que no de restantes participantes nas unidades formativas, a Xunta ofrece incentivos para a contratación indefinida e a xornada completa. 

 

Outro dos obxectivos da Xunta con estes apoios pasa por potenciar a realización de accións formativas relacionadas coas familias e/ou áreas profesionais de sectores estratéxicos, que teñan carácter emerxente ou que ofrezan un maior potencial na creación de emprego na comunidade. 

 

Con esta liña de axudas o Goberno galego promove a mellora da empregabilidade da cidadanía, á vez que contribúe a adaptar a cualificación das persoas traballadoras para favorecer a competitividade do tecido produtivo. 

 

Desde 2018,  grazas a esta orde de axudas, celebráronse 824 accións formativas nas empresas, nas que resultaron beneficiarias máis de 9.000 persoas.

 

A convocatoria prevé nesta ocasión apoios por 14 millóns de euros para o período 2022-2023, 3,5 millóns máis que o presuposto da anterior convocatoria. 

 

O programa insírese no Plan Galego de Formación para o Emprego, dotado para o presente ano con 117 millóns de euros, o que supón máis do 77%  con respecto ao exercicio anterior. Este plan seguirá a impulsar unha formación dual e flexible, axustada ás necesidades do tecido produtivo, a través das Unidades Formativas en Empresas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas