GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O especial “Historias de ida e volta” de abril céntrase na acción filantrópica do indiano José García Barbón

(28/04/2022)

O especial “Historias de ida e volta” de abril céntrase na acción filantrópica do indiano José García Barbón

Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX.

 

Escola de Artes e Oficios de Vigo (1886), a obra filantrópica de José García Barbón máis destacada

Escola de Artes e Oficios de Vigo (1886), a obra filantrópica de José García Barbón máis destacada

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022.

 

A entrega de abril do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, na acción filantrópica de José García Barbón y Sola, un dos máis ilustres filántropos que deixou a emigración galega.

 

O Colexio San José de Verín, o Hotel Balneario de Cabreiroá, o Teatro Rosalía de Castro de Vigo... a acción filantrópica de José García Barbón y Sola (Verín, 1831- Vigo, 1909) foi ampla e xenerosa. O seu legado centra este mes de abril a nova entrega do especial Historias de ida e volta.  O proxecto do Arquivo da Emigración (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, recupera en vinte imaxes e documentos procedentes deste arquivo algunhas das iniciativas que contribuíu a crear.

 

A entrega número 18 do especial Historias de Ida e Volta, documenta a acción desenvolvida por este emigrante que fixo fortuna en Cuba que quixo contribuír ao desenvolvemento da sociedade e da cultura galegas nas dúas beiras do Atlántico. En Cuba participou na primeira comisión directiva da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia (1872) e foi socio impulsor da fundación do Centro Gallego da Habana. Os historiadores relatan que obtivo notable recoñecemento na organización masónica cubana. Sempre estaba pendente das e dos máis necesitados e axudaba aos paisanos e paisanas que atravesaban crúas e penosas situacións. Na súa volta a Galicia desenvolveu numerosas accións, tanto en Verín onde se instalou primeiro, como en Vigo, a onde se trasladaría en 1894. O Colexio San José de Verín, unha ponte, a reconstrución da igrexa parroquial e do santuario dos Remedios así como a construción do Hotel Balneario de Cabreiroá son obra da súa acción. Pouco amigo dos recoñecementos e publicidade, moitos dos seus actos pasaron desapercibidos. Na cidade de Vigo promoveu a creación da Cocina Económica, a Casa de Caridad, o Hospital Elduayen, a construción da Escola de Artes e Oficios, así como á compra e posterior recuperación do Teatro Rosalía de Castro. Tamén regalou o terreo para a construción do Asilo del Niño Jesús e contribuíu para edificar as Escuelas Salesianas del Arenal.   

 

Este especial recupera en vinte imaxes e documentos algunhas das súas obras máis importantes así como unha explicación da súa acción. 

 

Historias de ida e volta

 

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, mantén o especial Historias de ida e volta para dar a coñecer materiais que documentan o fenómeno migratorio. En 18 entregas documentáronse os procesos de saída, chegada, a vida social e cultural... diferentes procesos para explicar todo o ciclo migratorio a partir dos materiais que custodia o Arquivo da Emigración Galega.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas