GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

David Mon: «A convivencia en Burela é magnífica, pero polo noso lado falta algo máis para a integración»

(22/04/2022)

David Mon: «A convivencia en Burela é magnífica, pero polo noso lado falta algo máis para a integración»

Ramón González Rey

 

 

Dirixiu o documental «Morabeza», que rende homenaxe ao pobo caboverdiano, que contribuíu ao crecemento da vila

 

21 abr 2022 .

 

«Morabeza» significa «hospitalidade» no creoulo de Cabo Verde. É o título do primeiro documental de David Mon (Burela, 1988), sobre a convivencia desde hai máis de 40 anos entre caboverdianos e burelaos. A Televisión de Galicia (TVG), que recibiu a peza audiovisual o mes pasado e posúe os dereitos de emisión, podería emitilo nas próximas datas.

 

 

—Meu pai é de Nois e eu ía na clase cun fillo de Antonina Semedo, de Cangas. Na súa casa comín por primeira vez millo ao forno. Vela con aquelas cousas na cabeza... Para min aquilo era algo moi distinto, e dese pouso vén o documental. Quería facer unha homenaxe persoal á xente caboverdiana. Cos anos fíxenme moitas preguntas. Desde hai 46 anos hai unha convivencia magnífica, pero moita xente de Burela non sabe de onde veñen. Quería mostrar de onde proceden.

 

—Neste caso, o mundo do mar é o fío do documental.

 

—«Morabeza» busca cal é a base da unión entre dous pobos: o mar é o nexo de conexión entre dous mundos.

 

 

—Alá rodamos unhas nove xornadas, antes da pandemia e da man de Antonina, e outras seis en Burela. Cabo Verde é un país magnífico, pero África ten os seus tempos. Por moito que preproduzas, quedar coa xente leva tempo. A luz vai e vén, e tes que cargar baterías, as estradas non son as daquí... Pero tratáronnos de marabilla e a fotografía é extraordinaria: é un cambio de paisaxe tan radical que alá onde enfoques atopas ouro.

 

—Cales son as causas da chegada dos caboverdianos á Mariña?

 

—Eles chegaron para facer a obra en Alúmina-Aluminio, pero ao acabar a montaxe non quedou ningún a traballar na fábrica. Nos anos 70-80 había un éxodo do mar cara a terra polo construír de fábricas: non só o que é hoxe Alcoa, senón tamén Sargadelos, Gres Burela... Eles viñan maioritariamente de Zaragoza e ocuparon ese baleiro na pesca.

 

 

—Unha das persoas que entrevistamos foi José Luis, o primeiro armador que os contratou. Eles dominaban o portugués, polo que a barreira idiomática acabouse co tempo. E aínda que as técnicas de pesca eran diferentes, porque eles alí aínda faenan hoxe nalgo similar a un cayuco, sen case tecnoloxía, eran xente moi nova que aprendía rápido. En dúas mareas eran un máis. Daquela, preguntábaselles se tiñan amigos ou familiares que poidesen vir xa.

 

—Salienta que nunca un mariñeiro caboverdiano cobrou menos pola súa orixe.

 

—Houbo un fenómeno que si pasou despois con xente doutros países e que nunca viviu un caboverdiano. Había unha igualdade de condicións, ían a monte maior ou a quiñón, a parte proporcional que se repartía en función da categoría e das funcións.

 

 

—Un, que a barreira idiomática é pequena, pois do portugués ao galego non hai tanto. Dous, que son cristiáns. A relixión era moi importante e que as mulleres caboverdianas foran á misa desfixo barreiras. Tamén foi fundamental que chegaron a un sitio por construir. Burela estaba medrando e daquela ese discurso de «veñen para quitarnos o pan» non podía prosperar. Outro motivo é que ao ser colonia portuguesa, tiñan unha vida europea, estaban europeizados.

 

—Considera que en Burela existe unha integración real ou completa da comunidade caboverdiana?

 

—Burela acolleu aos caboverdianos de forma excelente, pero eu non o chamaría integración; de ser así debe haber reciprocidade, ten que ir nas dúas direccións e falta algo polo noso lado. Hai familias interraciais, nenos caboverdianos en Burela que xogan ao fútbol, que tocan a gaita… Pero non hai bureleses que non sexan de orixe caboverdiana que toquen o batuko, que preparen a cachupa, a súa comida típica, e son poucos os que van á súa Festa do Mariñeiro.

 

 

—Esta é unha historia local que, tendo en conta os discursos que existen actualmente, penso que se pode extrapolar. En Galicia, por exemplo, somos un pobo migrante e todas as experiencias dos migrantes son similares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas