GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O borrador da declaración da renda xa inclúe as pensións do estranxeiro

(20/04/2022)

O borrador da declaración da renda xa inclúe as pensións do estranxeiro

La Voz OURENSE

 

El PSOE ha puesto en marcha una campaña para informar sobre la tributación de las pensiones extranjeras.

O PSOE puxo en marcha unha campaña para informar sobre a tributación das pensións estranxeiras. Santi M. Amil

 

A Axencia Tributaria atende unha reivindicación histórica dos emigrantes retornados, que debían achegar documentación para acreditar os seus ingresos

 

19 abr 2022 .

 

Desde o ano pasado, a Axencia Tributaria comparte a súa información con organismos fiscais doutros países e, grazas a iso, o borrador da declaración da renda xa inclúe as pensións recibidas do estranxeiro. Esa era unha reivindicación histórica dos emigrantes retornados, xa que ata agora tiñan que achegar expresamente documentación para acreditar eses ingresos.

 

A pesar de todo, os afectados deben revisar se o borrador descargado inclúe todas as rendas recibidas do estranxeiro, xa sexan pensións de xubilación, viuvez, plan privado de pensións ou outras similares. Por outra banda, no caso de non ter ningunha prestación española, os emigrantes deberán solicitar ao organismo pagador estranxeiro un certificado dos ingresos percibidos e das deducións efectuadas ao seguro médico e ao de dependencia (no caso das pensións recibidas de Alemaña , Austria e Italia).

 

O secretario provincial de Emigración do PSOE ourensán, Luis Gulín, lembra que a inclusión das pensións estranxeiras no borrador da declaración da renda foi solicitada recentemente polos deputados socialistas galegos ante a comisión de Facenda do Congreso.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas