GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social suma 6.788 afiliados estranxeiros en marzo

(20/04/2022)

A Seguridade Social suma 6.788 afiliados estranxeiros en marzo


camarera


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

20/04/2022

-En total, contabilízanse 2.342.004 traballadores foráneos

 

-Representan un 11,73% do conxunto de afiliados á Seguridade Social

 

-Trátase do décimo mes consecutivo con aumento do emprego deste colectivo

 

-No primeiro trimestre, sumáronse 35.340 afiliados estranxeiros


A Seguridade Social rexistrou 2.342.004 afiliados estranxeiros en marzo, unha vez descontada a estacionalidade e o efecto calendario. Son 6.788 empregos máis que o mes anterior (0,29%) e 152.583 máis que en febreiro de 2020, antes do impacto da pandemia. É o décimo mes consecutivo de crecemento do emprego deste colectivo que, no primeiro trimestre do ano, sumou 35.340 ocupados.

Esta cifra supón o 11,73% do total de afiliados á Seguridade Social, en termos desestacionalizados, en marzo de 2022.

evolucion


Afiliación media mensual

En termos medios e sen desestacionalizar, a Seguridade Social contou con 2.298.825 cotizantes estranxeiros en marzo, dos cales 810.122 proceden de países da UE (un 35,24%) e 1.488.703, de terceiros países (o 64,76% restante). Foron 40.155 afiliados máis que en febreiro.

Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos proceden de Romanía (336.949), Marrocos (294.388), Italia (144.667), China (107.775) e Venezuela (106.663). Ademais, entre outras nacionalidades, hai 48.195 afiliados procedentes de Ucraína, 617 máis que en febreiro, antes do inicio da invasión rusa.

Un 56,21% son homes (1.292.228), mentres que o 43,78% son mulleres (1.006.597).

Por comunidades autónomas, no último mes, a afiliación de estranxeiros sumou ocupados especialmente en Illas Baleares (8,69%) e Andalucía (4,18%), seguidas de Cantabria (2,93%) e Illas Canarias (2,26%). Restaron afiliados estranxeiros en marzo A Rioxa (-0,62%) e Estremadura (-0,07%).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros estaba afiliada ao Réxime Xeral, un total de 1.904.580 persoas, que no mes sumaron 36.957 ocupados, un 1,98% máis que en febreiro.


sectores


Aumentou o número destes traballadores na maioría dos sectores. Destaca o incremento en Hostalería (7,18%), Actividades Artísticas e de Entretemento (4,98%) e Información e Comunicacións (3,02%).

Pola súa banda, o número de estranxeiros no Réxime de Autónomos aumentou nun 0,76% no último mes, e situou o total en 389.969, tras sumar 2.953.

Nos últimos doce meses, a afiliación de traballadores procedentes doutros países creceu un 10,93%, é dicir, en 226.566 persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas