GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Oito centros galegos do exterior proxectan o próximo 23 de abril a segunda película do Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración con Emigración e Academia Galega do Audiovisual

(18/04/2022)

Oito centros galegos do exterior proxectan o próximo 23 de abril a segunda película do Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración con Emigración e Academia Galega do Audiovisual

 O documental 'A Virxe Roxa' proxectarase en oito cidades de España, Europa e América

O documental "A Virxe Roxa" proxectarase en oito cidades de España, Europa e América

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2022.

 

Oito centros galegos do exterior continúan o próximo 23 de abril coa proxección das películas e documentais finalistas aos XX Premios Mestre Mateo grazas a un acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual.  A Virxe Roxa, gañador na categoría de Mellor Documental dos Premios Mestre Mateo deste ano, será o filme elixido nesta ocasión. 

 

O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega 'De Berlín Son', o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona serán as entidades que organizarán as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, que terán unha periodicidade mensual de marzo a decembro (salvo xullo e agosto), de xeito que se poida dar a coñecer, fóra de Galicia, o labor do sector audiovisual galego. De maneira excepcional, o Lar Gallego de Sevilla proxectará nesta ocasión a cinta o día anterior, o 22 de abril.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas