GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta continúa formando en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados co obxectivo de fortalecer o seu futuro laboral en Galicia

(30/03/2022)

A Xunta continúa formando en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados co obxectivo de fortalecer o seu futuro laboral en Galicia

O programa, desenvolvido pola Consellería de Emprego e Igualdade en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, ofrece formación complementaria  de carácter laboral aos beneficiarios da bolsa de Excelencia Mocidade Exterior Beme, de xeito que se lles acompañe no proceso de adaptación á sociedade galega aplicando as súas competitividades a un futuro emprego.

 

A formación estará impartida por especialistas en recursos humanos e na cualificación para o emprego.

 

A Xunta continúa formando en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados co obxectivo de fortalecer o seu futuro laboral en Galicia

A Xunta continúa formando en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados co obxectivo de fortalecer o seu futuro laboral en Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022.

 

A Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral da Emigración deron inicio hoxe ao programa Masterclass zoom de habilidades para o emprego, que conta coa inscrición de 185 universitarias e universitarios galegos retornados no exterior. Con este proxecto, a Xunta continúa a mellorar as competencias das persoas participantes de cara a conseguir que o talento galego xuvenil diseminado polo  mundo se quede en Galicia, abríndolle novas oportunidades a este colectivo.

 

A actividade, que se enmarca no programa BEME -Becas de Excelencia á Mocidade Exterior- que permite cursar máster nalgunha das tres universidades de Galicia a galegos ou descendentes de galegos residentes no extranxeiro,  ofrece ás persoas participantes unha ampliación dos seus coñecementos e a posibilidade de adquirir unha especialización académica. Trátase de que completen a súa formación universitaria con outra extra en competencias e habilidades encamiñadas á inserción laboral e á busca de oportunidades en Galicia.

 

Con esta formación e acompañamento, que ven a sumarse a outras actividades realizadas en apoio da formación destes bolseiros dende a súa chegada a Galicia, aportanlles ferramentas que, unidas a súa experiencia persoal e laboral anterior e as competencias que obteñen a través do máster que están a facer, permitiranlles ter un coñecemento do mercado laboral galego que fará máis efectiva a súa futura contratación en empresas da comunidade autónoma.

 

Con este tipo de iniciativas o Goberno galego aspira a  atraer, fortalecer e reter o talento da mocidade galega universitaria, á que lle ofrece novas oportunidades de retorno e inserción laboral efectiva.

 

A formación abórdase desde dúas accións de sesenta minutos cada unha: unha Masterclass impartida por docentes especializados en diferentes areas de impacto para a formación para o emprego e mellora da empregabilidade; e unha segunda parte, con entrevistas dirixidas por expertos en selección e recursos humanos.

 

Os participantes coñecerán técnicas e ferramentas de selección para a mellora da súa empregabilidade a través de entrevistas realizadas pola plataforma Zoom de comunicación en liña,  con incidencia nos aspectos relevantes na realización das entrevistas de persoal e  con pistas para afrontalas con solvencia e seguridade.

 

Este proxecto de formación, integración, innovación e inserción laboral, liderado pola Fundación Pública Galega de Formación para o Traballo, salienta a necesidade de cualificación específica en competencias brandas e nos modelos innovadores que permiten abordar dun xeito transversal as novas políticas activas de emprego. De aí que poña o acento na importancia de valores como a motivación, a persuasión, a comunicación, a identidade, o equipo, o liderado, o enxeño e a estratexia e a autoxestión, entre outros.

 

Con esta iniciativa a Xunta segue a apostar polo crecemento dunha Galicia preparada, activa e solvente na que todos os galegos e galegas, residan ou non na Comunidade, vexan en ela o lugar onde desenvolver os seus proxectos e crecer profesionalmente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas