GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destina 1,7m€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda

(29/03/2022)

Emigración destina 1,7m€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda

Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural.

 

Emigración destina 1,7m€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda

Emigración destina 1,7m€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022.

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a liña de axudas extraordinarias ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración para  que contará cun crédito orzamentario de case 1,7 millóns de euros e que terá como obxectivo axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do regreso a Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220329/AnuncioG0595-210322-0002_gl.html).

 

Como novidade, segundo destacou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e co obxectivo de facilitar o seu establecemento na comunidade autónoma destas persoas, tendo en conta as dificultades no acceso a vivenda dos retornados, establécese unha axuda de 500 euros por unidade familiar destinadas a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións necesarias para facilitar o acceso a unha vivenda.

 

Os beneficiarios serían as persoas que residindo fóra de España con nacionalidade española se establezan en Galicia, tanto os nados na propia comunidade autónoma como os seus cónxuxes ou descendentes. A maiores, deben contar tamén co empadroamento en Galicia e ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno. A data de retorno debe ser a partir  do 1 de xaneiro de 2020.   

 

As axudas dependerán das circunstancias sociais e do número de persoas que conformen a unidade familiar, tendo en conta que os fillos menores de 18 anos poderían recibir ata 1.500 euros, e que tamén se valora o feito de que se resida nun concello rural. En total, a contía non poderá exceder, como máximo, dos 6.000 euros por unidade familiar.

 

Dende a posta en marcha da Estratexia Retorna, destináronse 6,8M€ a esta liña de axudas beneficiándose un total de 3.342 familias. O 35% destas familias contaban con menores de idade.

 

O prazo de presentación é ata o próximo 30 de setembro inclusive. Os interesados poden informarse a través do DOG, da páxina web de GaliciaAberta e das oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno situadas nas principais cidades de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas