GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta habilita unha guía básica de conversación galego-castelán-ucraíno para favorecer a integración de alumnos refuxiados

(29/03/2022)

A Xunta habilita unha guía básica de conversación galego-castelán-ucraíno para favorecer a integración de alumnos refuxiados

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

 

La Consellería de Educación creó una guía de conversación de gallego y castellano al ucraniano ilustrada con pictogramas

A Consellería de Educación creou unha guía de conversación de galego e castelán ao ucraíno ilustrada con pictogramas

 

En próximos días incorporarase tamén un dicionario básico cun milleiro de palabras, tamén con tradución ao ruso

 

28 mares 2022 .

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de pór a disposición dos centros educativos un espazo web específico sobre Ucraína con recursos e materiais didácticos para favorecer a adaptación e integración nas aulas de alumnado ucraíno desprazado a Galicia por mor da guerra. Un dos principais elementos é a dotación de ferramentas específicas para a comunicación co resto do alumnado e co profesorado. Para iso está dispoñible unha guía básica de conversación galego-castelán-ucraíno, con pictogramas e a transliteración do ucraíno para fomentar un proceso recíproco en que os galegos saiban pronunciar palabras en ucraíno.

Tamén está dispoñible en Internet unha guía de expresións habituais, xunto con outros recursos de interese. Son materiais que se irán actualizando en próximos días, coa incorporación de traducións ao ruso, xa que é un idioma de uso cotián de moitos refuxiados, e a elaboración dun dicionario de preto dun milleiro de palabras.

 

Ao tempo, hai un apartado específico sobre equipamento TIC, de forma que no marco do programa Educa en Dixital, todo alumnno ucraíno que o precise disporá dun computador con conexión á rede: estará configurado para galego, castelán e ucraíno, con adhesivos específicos no teclado para a escritura nesa última lingua.

 

 

Todos os materiais foron elaborados con achegas de orientadores e dun grupo de traballo de profesionais do Comité Educativo e da Xunta Autonómica de Directores e de equipos directivos con experiencia previa en acollida de alumnado estranxeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas