GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra visibiliza o rol da muller na historia da emigración

(28/03/2022)

Pontevedra visibiliza o rol da muller na historia da emigración

 La Voz. L. Penide

 

LÓPEZ PENIDE

 

O xoves inaugúrase a exposición «Pontevedra e América, unha mirada en feminino»

 

26 mares 2022 .

 

O vindeiro xoves, 31 de marzo, inaugurarase no exterior da Deputación a exposición Pontevedra e América, unha mirada en feminino. Trátase dunha mostra realizada no marco da conmemoración do 8-M e do convenio coa Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago coa que dará «a coñecer a experiencia vital de trece mulleres no contexto da inmigración. Foron mulleres para as que to tempo vivido en América e transcorrido en Pontevedra constitúe un grande nexo de unión entre as dúas beiras do océano», resaltou Carmela Silva.

 

 

«Que queremos con esta mostra? Completar a historia da emigración e da relación entre Galicia e América, que tamén compete moito ás mulleres porque xogaron un papel extraordinario, fundamental e imprescindible. Iso si, invisibilizadas. Nos libros de texto están eles», engadiu Silva, mentres que María Cadaval, directora da Cátedra Iberoamericana compostelá, coincidiu ao precisar que «sempre se conta o papel tan relevante, recoñecido e admirado dos homes, pero o certo é que houbo mulleres, que foron piares fundamentais e encabezaron casos de éxito na emigración, e nunca se lles recoñeceu (...). Non é de recibo que nesta provincia non se coñeza a grandes mulleres que fixeron historia e son moi importantes para o desenvolvemento da vida económica, social e persoal».

 

 

O mesmo día da inauguración hase programado unha conferencia no salón de plenos da Deputación. Tras recalar en Pontevedra, a exposición visitará O Grove, Vilagarcía, Vila de Cruces, Silleda, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior e Redondela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas