GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O especial “Historias de ida e volta” homenaxea as mulleres da diáspora galega

(25/03/2022)

O especial “Historias de ida e volta” homenaxea as mulleres da diáspora galega

 
 

Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX.

Maruxa Mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995). Figura intensa e orixinal de vangarda da preguerra. Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega

Maruxa Mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995). Figura intensa e orixinal de vangarda da preguerra. Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2022.

 

A entrega de marzo do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, homenaxea, nesta ocasión, ás mulleres da diáspora galega, volcándose en traer á memoria voces femininas galegas do exterior.

 

Andrea López Chao, Anisia Miranda, A Bella Otero, Sofía Casanova, Maruxa Mallo...son algúns dos nomes que nos ofrece este proxecto, iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (CCG) e da Secretaría Xeral da Emigración. Vinte imaxes e documentos procedentes deste arquivo ofrecen unha nova lectura da historia da emigración en clave feminina.

 

A entrega número 17 do especial "Historias de ida e volta" leva por título Memoria e voces femininas da diáspora galega, para centrarse no papel que desenvolveron as mulleres na emigración. “Elas emigraron, ben xunto cos seus pais, homes ou fillos, ou ben soas, na busca de novas oportunidades laborais, económicas e de liberdade. En América e nos países europeos industrializados traballaron, formáronse e integráronse nunhas sociedades que lles ofrecían máis posibilidades de acadar os seus soños. Nun proceso tan longo no tempo e tan espallado no espazo, a súa situación foi dispar, pero amosaron o seu pulo e loita para mellorar a súa situación, reunir uns aforros, formar unha familia, educar os seus fillos..., sen esquecer a súa terra natal e os que aquí quedaron. Sempre co pensamento posto nun retorno a Galicia que en moitas ocasións non lograron” figura no texto descritivo deste especial.

 

Fotografias e recortes de prensa que nos achegan á historia de mulleres moi recoñecidas como Anisia Miranda, Virxinia Pereira, Maruxa Boga, Ana Kiro ou Maruxa Villanueva, pero tamén a mulleres cuxas historias permaneceron invisibilizadas. Entre elas figuras como Andrea López Chao, emigrante na illa de Cuba que representa unha muller atípica da emigración, con formación académica e que a través da prensa temos noticia do seu labor como docente no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, do que chegou a ser directora. Foi unha persoa integrada na colectividade galega, ocupou o cargo de vicepresidenta da sociedade Hijas de Galicia, entidade centrada na protección e coidado da muller emigrante.

 

Historias de ida e volta

 

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, mantén o especial “Historias de ida e volta” para dar a coñecer materiais que documentan o fenómeno migratorio. En 17 entregas documentáronse os procesos de saída, chegada, a vida social e cultural... diferentes procesos para explicar todo o ciclo migratorio a partir dos materiais que custodia o Arquivo da Emigración Galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas