GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda anuncia a nova convocatoria de axudas ás e aos emprendedores retornados de ata 10.000 euros durante a visita á Asociación Milladoiro Palmira Boulevard

(24/03/2022)

Miranda anuncia a nova convocatoria de axudas ás e aos emprendedores retornados de ata 10.000 euros durante a visita á Asociación Milladoiro Palmira Boulevard

Esta entidade de Ames colabora no apoio ao retorno a Galicia ofrecendo facilidades no acceso a locais comerciais nesta localidade a través de condicións beneficiosas no alugueiro e facilitando a tramitación burocrática na apertura do negocio. 

 

As axudas ás emprendedoras e emprendedores retornados da Secretaría Xeral da Emigración destinaron máis de 3M€ para apoiar a máis de 500 proxectos que tiveron un impacto de investimento en Galicia superior aos 25 millóns de euros.

 

O secretario xeral da Emigración, na visita a un dos locais do Milladorio que ofrece facilidades no alugueiro para as e os emigrantes retornados

O secretario xeral da Emigración, na visita a un dos locais do Milladorio que ofrece facilidades no alugueiro para as e os emigrantes retornados

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

O Milladoiro (Ames), 23 de marzo de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a Asociación de Empresarios de Milladoiro, Palmira Boulevard, que colabora no apoio ao retorno a Galicia das e dos emigrantes galegos dando facilidades no acceso ao alugueiro de locais comerciais. 

 

O secretario xeral da Emigración aproveitou a visita para recordar aos interesados e interesadas que en breve sairán as axudas deste departamento para as emprendedoras e emprendedores retornados que desexen por en marcha unha iniciativa empresarial. 

 

Estas axudas permitiron que, nos últimos anos, se destinaran dende a Secretaría Xeral da Emigración máis de 3M€ para a posta en marcha de máis de 500 proxectos empresariais en Galicia cun impacto de investimento en Galicia superior aos 25 millóns de euros para a nosa economía. Este ano, as axudas poden chegar ata os 10.000 euros por iniciativa.

 

Pola súa banda, o presidente da Asociación, José Manuel Fernández Gómez, explicoulle a Rodríguez Miranda que, dada a boa acollida que tivo a iniciativa o ano pasado, con varios locais xa ocupados, vólvese ofrecer este tipo de baixos para que as e os galegos retornados emprendedores interesados poidan poñer en marcha de xeito inmediato o seu negocio. Deste xeito, danse facilidades para o alugueiro de varios locais así como se axuda na tramitación burocrática da apertura dos negocios.

 

Rodríguez Miranda aproveitou a visita para agradecer a colaboración desta Asociación e recordar que este tipo de iniciativas facilitan o acollemento a quen desexa iniciar unha nova vida en Galicia. Recordou que as e os interesados tamén poden informarse de todo tipo de axudas ao retorno nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situadas nas principais cidades galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas