GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rosario Regueira: «As mulleres e os nenos son sempre os que máis sofren na emigración»

(18/03/2022)

Rosario Regueira: «As mulleres e os nenos son sempre os que máis sofren na emigración»

francisco albo CHANTADA / LA VOZ

 

Rosario Regueira publicou anteriormente outras dúas novelas e un ensaio sobre o mundo do deporte

Rosario Regueira publicou anteriormente outras dúas novelas e un ensaio sobre o mundo do deporte

 

A escritora taboadesa presenta hoxe en Chantada a súa nova novela, «A viaxe das anduriñas»

 

18 mar 2022 .

 

A escritora Rosario Regueira, natural de Taboada e veciña de Lugo , presentará hoxe no Casino de Chantada a súa novela A viaxe das anduriñas —publicada pola editorial Toxosoutos—, que ten como eixo temático a emigración. O acto celebrarase ás 19.00 horas e será organizado pola asociación feminista Polamiúda.

 

 

—Desde o punto de vista das dúas mulleres que protagonizan a novela. Unha delas, Mari Loli, é unha muller que formou parte das últimas correntes migratorias de Galicia a Europa, máis concretamente a Suíza. A outra é unha inmigrante colombiana, chamada Adamarli, que é vítima da trata de persoas na Galicia actual.

 

—Que teñen en común esas situacións?

 

—Son dúas experiencias moi diferentes, porque non é o mesmo a emigración histórica galega a América e Europa que a actual emigración de Latinoamérica a outras partes do mundo. Pero teñen cousas en común, porque a emigración, cando é obrigada polas necesidades económicas, sempre é algo malo. Os emigrantes vense forzados a renunciar á súa cultura, á súa historia e á súa familia para servir de forza de traballo en lugares onde nunca se acaban de integrar totalmente. Teñen que renunciar a todo iso en moitas ocasións para conseguir moi pouco ou nada a cambio. Un país que manda os seus fillos á emigración sempre é un país con gobernantes que non saben gobernar, ou polo menos esa é a miña opinión.

 

 

—É que quixen mostrar que non é o mesmo a emigración dun home que a dunha muller. En calquera sociedade, a emigración sempre é máis dura para as mulleres. Claro está que os homes que teñen que abandonar o seu país para subsistir tamén poden ser vítimas da explotación e do tráfico de persoas, pero os que sofren máis nesas situacións son sempre as mulleres e os nenos.

 

—Vostede viviu persoalmente a emigración?

 

—Eu non emigrei, pero teño familiares que si o fixeron, así que é un mundo que coñezo ben. En Galicia practicamente todo o mundo ten alguén na familia que viviu a emigración. Por un lado a emigración foi unha oportunidade para mellorar as condicións de vida, pero a moitos emigrantes o beneficio non lles compensou o esforzo nin todas as cousas ás que tiveron que renunciar.

 

 

A novela A viaxe das anduriñas é a cuarta incursión de Rosario Regueira na literatura. A escritora taboadesa publicou anteriormente un ensaio sobre o mundo do deporte en Galicia e as novelas Cando pasou o que pasou e Compañeira, non serva. A primeira delas baséase en feitos ocorridos na Guerra Civil e na posguerra, e a segunda aborda a cuestión do maltrato das mulleres.

 

—Os personaxes da súa nova novela están baseados en persoas reais?

 

—Non son retratos de personaxes reais concretos, pero están construídos a base de persoas e situacións que coñezo. A galega Mari Loli é unha muller da miña idade que se inspira en varias mulleres que coñecín e que viviron a experiencia da emigración a outros países europeos, como Suíza ou Alemaña. O personaxe da colombiana Adamarli está baseado en mulleres que viven no meu entorno e en casos auténticos de trata de persoas que sucederon en tempos recentes en Lugo e outros lugares. Sempre digo que son moi mala para inventar historias e personaxes, e as miñas historias toman como referencia feitos e persoas reais.

 

 

—A historia que conto en A viaxe das anduriñas sucede na Galicia actual, pero sen facer referencia a un lugar xeográfico concreto. En todo caso, é o mundo da Galicia interior, un escenario que tamén está presente nas miñas anteriores novelas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas