GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Volve baixar o número de emigrantes galegas e galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos en 2021

(18/03/2022)

Volve baixar o número de emigrantes galegas e galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos en 2021

A cifra das e dos descendentes nados xa no país de residencia xera un incremento de cidadás e cidadáns galegos no exterior ata chegar aos 529.038, 5.182 máis que no 2020.

 

O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) a 1 de xaneiro de 2022

O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) a 1 de xaneiro de 2022

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022.

 

O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) a 1 de xaneiro de 2022, que vén a evidenciar novamente que o número de galegas e galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender, mantendo así a tendencia que se vén experimentando dende fai varios anos.

 

Deste xeito, o número de emigrantes galegas e galegos volve baixar un ano máis, como nos últimos sete anteriores, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 529.038, 5.182 máis que no 2020.

 

Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes das e dos cidadás galegos que viven no estranxeiro e que xa naceron no país de residencia. Así, mentres que hoxe residen 5.182 galegas e galegos máis ca o ano pasado fóra das nosas fronteiras, o número de emigrantes nacidas e nacidos na comunidade que viven no exterior é de 1.445 menos, e sitúase actualmente en 146.423 persoas.

 

Os datos aportados polo PERE demostran que as e os descendentes de cidadás e cidadáns galegos aumentan o seu número mentres descende o número de emigrantes. Así, na Arxentina, aumentou o número de cidadás e cidadáns galegos residentes pasando dos 181.416 de 2021 aos 182.633 mentres baixou o de galegas e galegos nados na comunidade autónoma de 42.959 a 42.884. O mesmo sucede no Brasil, onde aumentou o número de galegas e galegos residentes de 49.593 a 49.970 pero baixou o de emigrantes de 11.059 a 10.980, e tamén en Europa: Suíza aumentou de 41.169 a 41.285 o número de residentes con padrón galego e baixou o número de galegas e galegos autóctonos de 18.951 a 18.633, e en Alemaña volve acontecer o mesmo, aumentando de 17.600 a 17.717 as e os residentes e pasando de 8.020 a 7.963 os nacidos e nacidas en Galicia. . 

 

Nova realidade migratoria

 

Esta realidade demográfica constitúe unha oportunidade para Galicia, que conta cun importante aliado fóra das nosas fronteiras para superar o reto demográfico que está a atravesar, non só a comunidade, senón toda España. Estas cifras reflicten, ademais, unha consolidación da tendencia migratoria iniciada nos últimos anos, que pon de manifesto o labor fundamental que está a levar a cabo o Goberno galego a través da Estratexia Galicia Retorna

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas