GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Silleda recibiu á primeira familia ucraína e Rodeiro enviou un cargamento humanitario

(16/03/2022)

Silleda recibiu á primeira familia ucraína e Rodeiro enviou un cargamento humanitario

La Voz LALÍN / LA VOZ

 

 

 16 mar 2022 .

 

Silleda recibiu á primeira familia ucraína integrada por tres mulleres e dous adolescentes que chegaron o domingo pola noite a través da iniciativa privada dunha familia que contactou cunha asociación da Coruña e instaláronse xa nunha vivenda. O Concello de Silleda está a prestar apoio aos recentemente chegados e á familia acolledora en cuestións como o idioma coa axuda dunha intérprete voluntaria que reside en Silleda, a s comunicacións ao Ministerio e á Fegamp para a regularización da súa situación, así como a tramitación para a asistencia médica e psicolóxica.

 

 

En Escuadro, unha veciña, Asunción García Hernández, organizou unha recollida de alimentos, roupa e calzado xunto coa asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel para contribuír á manutención dos refuxiados que vaian chegando.

 

 

En Rodeiro, a recentemente creada asociación cultural O falar das pedras e a asociación de mulleres Terras de Camba realizaron onte o primeiro envío de axuda humanitaria a Ucraína xestionada a través da Asociación Galega de Axuda a Ucraína conxuntamente con Afundación, a obra social de Abanca.

 

 

Por outra banda, en Lalín, hoxe reúnese a comisión que leva a cabo a recolocación dos refuxiados chegados á localidade. Carabelo lembra que as doazóns de comida pódense facer ao Mencer, as de roupa ao Faiado e para outras doazóns pódese escribir a Carabelo a través das redes sociais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas