GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega amplían a colección 'Clásicos da emigración' cunha obra pioneira nos estudos sobre América

(11/03/2022)

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega amplían a colección 'Clásicos da emigración' cunha obra pioneira nos estudos sobre América

O tratado desta investigadora foi novidoso nos estudos sobre América e os vínculos coa emigración galega dende os séculos XVI ao XIX.

 

Trátase do último volume en incorporarse á colección que axuda a mellorar o coñecemento do fenómeno migratorio.

 

Imaxe da presentación desta mañá en Santiago de Compostela

Imaxe da presentación desta mañá en Santiago de Compostela

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega presentaron esta mañá, na sede do Consello, o novo libro da colección 'Clásicos da emigración' cunha obra sobre a emigración galega a América de Luisa Cuesta.

 

Os titulares de ambas entidades, Rosario Álvarez e Antonio Rodríguez Miranda respectivamente, xunto co director do Arquivo da Emigración Galega, Xosé Manoel Núñez Seixas, presentaron este novo volume que axuda a mellorar o coñecemento do fenómeno migratorio. A publicación xa se pode descargar desde a web do CCG.

 

“Luisa Cuesta foi unha pioneira nos estudos americanistas e todos os que estudamos os vínculos con América bebemos deste texto”  asegurou a historiadora Pilar Cagiao, autora do estudo introdutorio do libro La emigración gallega a América. É o último volume en incorporarse á colección 'Clásicos da emigración' que promoven a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega (CCG). 

 

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou na presentación a importancia de rescatar este título que “sentou os primeiros alicerces da actual e puxante historiografía galega das migracións”. Pola súa banda, Antonio Rodríguez Miranda destacou a figura de Luisa Cuesta, recordando “quen, nunha época na que as mulleres non eran habituais neste tipo de profesións, foi capaz de presentar non unha, senón dúas teses vencelladas á historia de América e destacou como unha das mellores coñecedoras da evolución da emigración galega aos países de Ultramar”.

 

A historiadora Pilar Cagiao foi a autora do estudo introdutorio e destacou que “estamos ante unha muller pioneira en todos os sentidos e á que lle debemos un traballo intenso e detallado de  documentar desde a época de Colón ata o século XVIII todos os vínculos con América”. 

 

A publicación

 

O traballo de Cuesta viu a luz en 1932, unha época na que as mulleres non abondaban na publicación de estudos. Nel aborda os vínculos históricos que Galicia mantivo con América a través dos movementos de poboación con especial atención aos plans de poboamento organizados no século XVIII pola Coroa. Nese senso, analiza o artellado en 1725 cara á Banda Oriental do Río da Prata e o das expedicións de familias que entre 1778 e 1884 partiron sucesivamente do porto da Coruña para dirixirse á Patagonia e que, frustrada esa intención, logo foron dar a outros lugares. 

 

A pioneira Luisa Cuesta

 

Luisa Cuesta Gutiérrez (Medina de Rioseco, 1892-Madrid, 1962) tiña 29 anos cando chegou a Galicia no verán de 1921 para traballar como bibliotecaria na Universidade de Santiago despois de aprobar a oposición ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Na súa experiencia profesional previa xa exercera como mestra de escola e foi a primeira muller docente na Facultade de Filosofía e Letras valisoletana. En Santiago estudou Dereito ao tempo que desenvolvía as súas tarefas na biblioteca universitaria e actuaba como profesora auxiliar de Filosofía e Letras. Nestes eidos mantivo unha estreita relación con Ciriaco Pérez Bustamante e con José María Bustamante y Urrutia. 

 

Tivo dúas paixóns vocacionais: como bibliotecaria, a historia do libro; como investigadora, o americanismo. Esta última levouna a facer dúas teses de doutoramento vencelladas á historia de América, defendidas na Universidad Central de Madrid, a onde foi trasladada en 1930 para traballar na Biblioteca Nacional. Tres anos despois representaría a esta institución no Certame do Libro Español realizado en Bos Aires. A súa posición política de esquerda fixo que, ao rematar a Guerra Civil, fose apartada da Biblioteca Nacional, á que só puido volver en 1945 e onde o seu amplo coñecemento en temática americanista, adquirido durante a súa traxectoria profesional, lle valeu para desempeñar, ata a súa xubilación en 1962, o cargo de xefa da Sección de Hispanoamérica.

 

A colección 'Clásicos da emigración'

 

En 2020 o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración sacaron ao prelo a edición facsimilar de La emigración en Galicia, obra publicada por Ramón Castro López en 1923. Foi o punto de apertura dunha colección de libros que, baixo o título 'Clásicos da emigración', pretendía ofrecer, en edición facsimilar con estudo introdutorio, textos destacados que supuxeron un reflexo fiel sobre o fenómeno migratorio. 

 

A colección está integrada por unha ducia de títulos de diferentes xéneros que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías e que, así, poden ser máis accesibles para o público investigador, mais tamén para calquera persoa interesada no tema. Reúne as distintas perspectivas que marcaron un dos fenómenos demográficos máis importantes dos últimos séculos en Galicia a través de obras que abranguen tanto ensaios como literatura de ficción ou biografías, entre outros xéneros, escritos entre principios do século XX e os anos 60, aproximadamente. Cada un dos volumes está prologado por un especialista contemporáneo na materia, como Ramón Villares, Raúl Soutelo, ou Xosé M. Núñez Seixas, entre outros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas