GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta convoca unha nova edición de obradoiros duais para formar a 1.600 persoas sen emprego, nos que teñen prioridade as galegas e galegos retornados

(09/03/2022)

A Xunta convoca unha nova edición de obradoiros duais para formar a 1.600 persoas sen emprego, nos que teñen prioridade as galegas e galegos retornados

A nova edición prevé que concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal desenvolvan uns 80 talleres.

 

A dotación dos obradoiros supera os 42M€, un 23% máis que na anterior convocatoria.

 

O período de formación e contractual do alumnado esténdese dos 9 aos 12 meses.

 

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o próximo 8 de abril.

 

Esta é unha das máis de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

Esta é unha das máis de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2022.

 

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria dos obradoiros duais de emprego, que este ano ampliarán o seu orzamento nun 23% ata os 42,1 millóns de euros, sendo as e os galegos retornados un dos colectivos que contan con prioridade na súa solicitude. Con esta iniciativa estímase que entre 2022 e 2023 unhas 1.600 persoas sen emprego melloren a súa cualificación, ao tempo que acceden a un traballo, a través do desenvolvemento de máis de 80 talleres. 

 

As entidades promotoras dos obradoiros duais -concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden solicitar a súa participación na nova convocatoria ata o próximo 8 de abril. 

 

Os obradoiros duais teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a formación para o emprego de calidade; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos e a prestación de servizos de interese xeral e social; e colaborar con entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

 

Como participantes, darase prioridade ás persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral como mulleres, persoas emigrantes retornadas, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, paradas e parados de longa duración, maiores de 45 anos ou persoas en risco de exclusión social. 

 

Os alumnos e alumnas, ademais de formarse e de realizar un traballo, grazas a estas actividades poden obter un certificado de profesionalidade. Ademais, unha vez rematado o obradoiro, que nesta edición terán unha duración de 12 meses (antes eran 9), teñen a opción de empregarse nunha empresa por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación que este ano se estenderán ao ámbito territorial de Galicia. 

 

A Xunta prioriza nesta convocatoria os programas de formación forestal; cualificación en conservación e posta en valor de rutas do Camiño de Santiago; actuacións enmarcadas en proxectos de Aldeas Modelo e os programas promovidos por concellos con todo ou parte do seu termo municipal incluído en zonas de Reserva da Biosfera. 

 

Os obradoiros de emprego constitúen unha ferramenta fundamental coa que a Xunta contribúe a incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas en colaboración coas entidades locais. Desde o ano 2009, o Goberno galego leva investidos 360 millóns de euros na organización de case 800 obradoiros nos que resultaron beneficiarios 17.000 galegas e galegos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas