GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Parten autobuses para traer refuxiados a Galicia, envían axuda humanitaria e inician máis recollidas

(08/03/2022)

Parten autobuses para traer refuxiados a Galicia, envían axuda humanitaria e inician máis recollidas

 

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

 

Ciudadanos ucranianos reunidos este lunes en Santiago para pedir ayuda para su país

Cidadáns ucraínos reunidos este luns en Santiago para pedir axuda para o seu país Sandra Alonso

 

Os concellos galegos dispoñen de 900 prazas en vivendas para acoller refuxiados, ademais das temporais en pavillóns e as múltiples ofertas de particulares

 

07 mares 2022 .

 

A riada de solidariedade de Galicia con Ucraína continúa. Da empresa Rey Procesos de Fundición de Vilagarcía partían este luns as primeiras 20 toneladas de axuda humanitaria cara á fronteira polaca con aquel país, para ser logo distribuídas en Ucraína a miles e miles de desprazados. A firma Benito Abalo unirase cun bus en próximos días. O material foi recollido en toda a comunidade (Monbus colaborou para levalo de Lugo a Vilagarcía), en campañas que se multiplican por toda Galicia, da Costa da Morte á Mariña, ou a que deu a coñecer este luns UGT-Galicia en Santiago.

 

 

UGT e CC. OO. convocan paros de 5 minutos en todos os centros de traballo mañá ao mediodía. O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, mostrou a solidariedade con Ucraína e tamén co pobo ruso, reprimido por Putin. O sindicato contactará con empresas de loxística para enviar todo o material e con entidades no destino para distribuílo.

 

 

A Xunta disporá 400.000 euros para organizacións non gobernamentais galegas

 

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse este luns co presidente da Fegamp, Alberto Varela, e representantes de oenegués para coordinar a resposta á crise humanitaria de Ucraína. Gamallo insistiu en que as achegas económicas son a mellor vía para axudar. A Xunta achegou 400.000 euros no marco do convenio entre administracións autonómicas e Goberno español, que se destinarán a Cruz Vermella en Polonia, Romanía e Moldavia. Doutra parte, realizará unha convocatoria pública en próximos días por outros 400.000 euros para proxectos en favor de Ucraína de organizacións galegas. Ao tempo, activou o convenio con Farmamundi, con 10.000 euros de inmediato para a compra de medicamentos; e tamén con Unicef, con cantidade por fixar.

 

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, subliñou a necesidade de coordinación, para o que se creou unha comisión que manterá reunións periódicas. Dixo que os concellos dispoñen xa de preto de 900 prazas en vivendas para acoller refuxiados, ás que se suman outras en temporais en pavillóns e as múltiples ofertas de particulares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas