GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Dirección Xeral de Migracións convoca as axudas do programa ‘Asociacións’ para entidades na exterior

(07/03/2022)

A Dirección Xeral de Migracións convoca as axudas do programa ‘Asociacións’ para entidades na exterior

 

Redacción, Vigo | 5 de marzo de 2022,


Entrada Hogar Español Montevideo

Entrada ás instalacións do Hogar Español de Montevideo.

 
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este sábado, día 5, o extracto da Resolución da Dirección Xeral de Migracións, asinado polo seu titular, Santiago Yerga, pola que se convocan axudas para 2022 do programa ‘Asociacións’.

Poderán optar a estas axudas as federacións, asociacións ou centros de españois no exterior, que conten cun número de asociados maior de 50, e que desenvolvan un labor asistencial a favor dos españois do exterior, así como entidades que teñan por finalidade o apoio e a promoción sociocultural dos españois no exterior.

As entidades solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro, estar legalmente constituídas, radicadas no estranxeiro e figurar rexistradas, no seu caso, no Censo de Asociacións e Centros (CACE) da Dirección Xeral de Migracións, con dous anos de antelación á data de presentación da solicitude.

Estas subvencións teñen por obxecto contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento das federacións, asociacións e centros de españois no exterior, e ademais subvencionar os gastos ocasionados polas reparacións e o mantemento dos centros e instalacións das entidades radicadas no exterior, cuxa finalidade sexa a asistencia social, sanitaria e sociocultural a favor dos españois do exterior.

As subvencións financiaranse con cargo ao crédito orzamentario previsto nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, consignado na aplicación orzamentaria 32.03.231 B.492.05 por importe máximo de 1.400.000 euros, do Orzamento de Gasto da Secretaría de Estado de Migracións do Ministerio de Inclusión, Migracións e Seguridade Social.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado, é dicir a partir do 6 de marzo.

As solicitudes de axudas formalizaranse nos modelos normalizados que están dispoñibles na páxina web do Portal da cidadanía española no exterior (https://ciudadaniaexterior.inclusion.gob.es/) e na sede electrónica do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (https:// www.inclusion.gob.es/es/sede_ electronica_ menu/ index. htm).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas