GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consello da Cultura Galega afonda na relación entre música e emigración a través da figura de García-Picos

(25/02/2022)

O Consello da Cultura Galega afonda na relación entre música e emigración a través da figura de García-Picos

Crónicas da Emigración.

Redacción, Santiago | 24 de febreiro de 2022,


CCG-Garcia Picos 3

Carlos López García-Picos, en París co compositor Fito Mindlín, en 1959.


Baixo o título ‘Perspectivas atlánticas na transculturación musical do Século XX’, o Consello da Cultura Galega afondou o pasado día 21 na figura do músico Carlos López García-Picos, no transcurso dunha xornada dedicada a poñer en valor o traballo deste compositor, director de corais e dinamizador, natural de Betanzos, quen pasou parte da súa vida como exiliado en Arxentina.

Referente do galeguismo bonaerense, García-Picos integrouse plenamente na vangarda musical arxentina e sobre o seu quefacer e o de Isidro Maiztegui prodigáronse durante o acto María Fouz Moreno, María del Carmen Lorenzo Vizcaíno e Javier Ares Espiño, quen confrontou unha e outra figura.

Así mesmo, o catedrático de Música da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Villanueva, encargado de abrir a xornada, fixo unha contextualización xeral dos músicos galegos na emigración americana.

Tamén se presentou a publicación ‘Obras para violín e violoncelo’, cunha parte importante do legado inédito do homenaxeado, editada por Joám Trillo.

A xornada, organizada pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, abordou outros asuntos como o asociacionismo migratorio, os coros, o asociacionismo musical, a nostalxia da terra abandonada ou os retornos a Galicia.

Como colofón, programouse un concerto de violoncelo e piano con obras de Carlos López García-Picos, a cargo da violonchelista Teresa Morais Diego e do pianista Javier Ares Espiño no que se estreou unha peza dirixida ao seu amigo Isaac Díaz Pardo.

Incorporación ao Álbum de Galicia

Con motivo do centenario do seu nacemento, o Consello da Cultura acaba de incorporar ao Álbum de Galicia a esta figura comprometida coa causa galega.

Fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores ( AGC) e membro fundador da Confederación Española de Asociacións de Compositores Sinfónicos ( CEACS), é Javier Ares o encargado de glosar ao músico no Álbum, no que explica que tomou o seu nome artístico do segundo apelido do seu pai, que foi quen o introduciu na paixón pola música.

Exiliado en Arxentina, Carlos López integrouse pronto nos círculos musicais e culturais da capital bonaerense e pronto consegue unha bolsa de formación da Embaixada Cultural de Francia en Buenos Aires coa que se traslada a París a completar a súa formación e, de paso, a contactar coa colectividade galega. Integrouse na Casa Galicia de París, onde participou na reorganización do seu coro.

No Álbum reflíctese que o centro da súa composición musical tivo lugar ao seu regreso a Galicia, onde atendeu os encargos da Orquestra Sinfónica de Galicia, con composición de obras de cámara para grupos liderados polo clarinetista Jesús Villa-Vermello ou a participación nunha publicación de partituras do Curso Música en Compostela.

“O seu estilo, sempre vangardista, segue fluctuando sen parar durante todos estes anos. Pero podemos observar algúns eixos nos feitos inspiradores da súa linguaxe musical: a Guerra Civil volve unha e outra vez á súa memoria, tamén están moi presentes as elexías a amigos falecidos, as homenaxes aos galeguistas de Buenos Aires ou a natureza”, explica Javier Ares na entrada.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas