GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Exposición «Luces de Alén Mar: as escolas de americanos en Galicia» en Cedeira

(14/02/2022)

Exposición «Luces de Alén Mar: as escolas de americanos en Galicia» en Cedeira


galiciaartabradigital. com 10 febreiro, 2022





O Auditorio Municipal de Cedeira acolle a partir deste domingo, día 13, a exposición «Luces de Alén Mar: as escolas de americanos en Galicia» na que se lembra, a través de textos e fotografías, o enorme esforzo que realizou a emigración galega alén do Atlántico por contribuír ao desenvolvemento material e intelectual da súa terra de orixe.

Na mostra aparecen moitas das de polo menos 250 escolas que fundou e sostivo a diáspora galega nas catro provincias, entre elas a cedeirense de Piñeiro, creada pola sociedade «Hijos do Concello de Cedeira» na Habana en 1921

A inauguración da exposición será este domingo, día 13 de febreiro, ás 12.30 horas, nun acto que contará coa intervención de Vicente Pena, comisario da exposición. O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emigración, impulsaron o traballo de recompilación de arquivos e a creación desta exposición itinerante, conformada por preto de medio centenar de paneis.

Neles percórrese a historia das escolas “indianas” e o seu modelo educativo, que foi unha semente de modernidade naqueles tempos, e fálase tamén da implicación dos galegos en América á hora de construír unha sociedade civil culta e con estima pola súa terra, identidade e cultura.

A mostra poderá visitarse, ata o día 11 de marzo, de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas