GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ramón Martínez: «Os nenos levan desde o 2019 sen saír dos campamentos de refuxiados»

(09/02/2022)

Ramón Martínez: «Os nenos levan desde o 2019 sen saír dos campamentos de refuxiados»

 

L. Veiga RIBEIRA / LA VOZ

 

MARCOS CREO

 

No ano 2000 fixo a súa primeira viaxe ao Sahara para levar medicamentos e comida

 

09 feb 2022 .

 

Corría o ano 1999 cando a nena que acollía a súa cuñada a través do programa Vacacións en Paz conseguiu conmoverlle. Ao ano seguinte, Ramón Martínez (Ribeira, 1976) comprou uns billetes que o levasen ao Sahara para poder doar distintos produtos e á vez visitar a esa familia que xa se converteu na súa propia. Aínda que non foi ata o 2014 cando estas viaxes se volveron constantes de forma anual, eles atoparon a vía para seguir en contacto e fortalecer eses lazos que os unen.

 

 

Iso foi xustamente o que fixo a última vez que viaxou, en febreiro do 2020, xa que a pandemia dinamitou os plans que tiña para o 2021: «Fun co meu fillo e entre os dous podiamos levar ata 80 quilos, que, en comida e medicamentos, é moitísimo. Nesta ocasión vou só porque tal e como está a situación prefiro non levalo. Ademais, os prezos das aeroliñas subiron bastante. Este ano tampouco coincide ben con entroidos e non quero que perda demasiadas clases, irá a próxima vez».

 

 

A pandemia tamén foi un duro golpe para as doazóns que Martínez realiza, pero aínda así logrou facer chegar a axuda a quen máis a necesitan: «A través da páxina web de Butigon pódese facer a compra para persoas que están nos campamentos. Todos os meses vou facendo algunha, sobre todo cousas para os bebés». Ademais, Martínez tamén soubo aproveitar a súa profesión para incentivar a solidariedade na comarca: «Antes como presidente do club de fútbol Sálvora e agora na vicepresidencia do Cidade de Ribeira, sempre pedín axuda para as doazóns e iso vai creando conciencia».

 

 

Agora, 23 anos despois dese primeiro contacto con aquela nena saharauí, é ela a que ten dous fillos: «Son un neno e unha nena de 10 anos, quero traelos no verán para que estean coa miña muller e o resto da miña familia. Agardo que poidan viaxar. Os nenos levan desde 2019 sen saír dos campamentos de refuxiados».

 

Neste sentido, Martínez agradece a relación que se creou entre eles, «todos nos consideramos familia», así como o avance das tecnoloxías que lles permiten manter os lazos que os unen: «Eu teño sorte e véxoos cada ano, salvo excepcións, pero o resto da miña familia aquí leva máis de 20 anos sen velos. Agora falamos por WhatsApp e temos moito contacto, pero cando cheguei a primeira vez non tiña nin móbil. Como moito chamaba un día a España cun teléfono do campamento».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas