GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta destina 1,2M€ a axudas para o funcionamento e as actividades das entidades galegas do exterior

(07/02/2022)

A Xunta destina 1,2M€ a axudas para o funcionamento e as actividades das entidades galegas do exterior

O Goberno galego  publica hoxe no DOG esta convocatoria que volve a destinar unha liña específica para apoiar accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.

 

O prazo de solicitude destas axudas estará aberto ata o 7 de marzo

O prazo de solicitude destas axudas estará aberto ata o 7 de marzo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022.

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior, que contará cun crédito orzamentario de 1,2 millóns de euros e que se destinará a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e accións de promoción do Ano Santo Xacobeo. 

 

Esta convocatoria conta con tres liñas: funcionamento, posta en marcha de proxectos e desenvolvemento de accións relativas ao Ano Santo.

 

En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínase a este fin 650.000 euros, de cara a continuar apoiando aos centros nas súas actividades ante os problemas xurdidos coa situación da covid-19, que, nos últimos anos, reduciu enormemente a súa capacidade económica. “A Xunta é consciente da situación delicada que está a vivir a nosa colectividade a causa da pandemia. Non poden esquecer que nós estamos aquí para axudalos e apoialos”, explicou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. 

 

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade, ao que se destinarán un total de 450.000 euros. Finalmente, continúa tamén no presente ano, como no anterior, unha liña destinada a axudar na posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo, á que se destinará 100.000 euros. 

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 7 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas