GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno en Ourense acompañou a case 740 persoas na súa integración en Galicia

(05/02/2022)

A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno en Ourense acompañou a case 740 persoas na súa integración en Galicia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta nesta provincia, Gabriel Alén, visitou a oficina situada na avenida da Habana da cidade das Burgas, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno.

 

Dende a súa creación, as cinco oficinas integrais de Retorno de Galicia atenderon preto de 30.000 consultas de todo tipo, dende económicas ata escolarización de menores, emprego ou autorización de residencia.

 

Imaxe da visita desta mañá do secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Ourense á Oficina do retorno na cidade das Burgas

Imaxe da visita desta mañá do secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Ourense á Oficina do retorno na cidade das Burgas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Ourense, 4 de febreiro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá a Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno de Ourense, situada na Avenida da Habana, comprobando o labor realizado ao longo destes meses para acompañar e axudar aos galegos e  galegas do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida. Nesta visita estivo acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

Esta oficina, xunto ás situadas en Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e contan con persoal especializado que se encarga de informar e asesorar aos galegos e galegas do exterior de cara a favorecer o retorno, así como de acompañar ás e aos galegos retornados e ás e aos seus familiares. Tamén explican tódolos programas da Secretaría Xeral da Emigración dirixidos á diáspora, así como asesoran sobre os temas relacionados con educación, formación, laboral e social e mesmo, no caso das e dos familiares con outra nacionalidade, tamén orientan no eido da estranxeiría, ofrecendo apoio continuo, tanto presencial como telemático.

 

Dende a súa posta en marcha, en febreiro de 2020, as oficinas integrais das catro provincias asesoraron a un total de 8.153 persoas, acompañándoas na súa integración en Galicia e informándolles sobre as liñas de apoio coas que a Xunta de Galicia conta para axudarlles a consolidar o seu regreso, así como os canais existentes para homologar estudos, facilitar a tramitación da documentación persoal e a presentación de solicitudes de subvencións e prestacións. 

 

Así, en total, realizáronse 29.292 consultas, das que 3.213 estaban relacionadas con temas educativos (escolarización de menores, formación regrada, formación para o emprego, homologación de estudos...); 13.519 tiveron que ver con temas sociais como asistencia sanitaria, autorizacións de residencia, axudas económicas, prestacións ou vivenda; 6.630 tiñan que ver con temas laborais como información acerca do emprego por conta allea ou axudas ao autoemprego e, finalmente, 3.831 cuestións tiñan relación con outros trámites. 

 

A oficina situada en Ourense atendeu tanto presencial como telefonicamente a 737 persoas, e resolveu un total de 3.250 consultas das que 440 foron cuestións educativas, 1.335 sociais e 924 laborais.

 

A posta en marcha destas oficinas formou parte da anterior Estratexia Galicia Retorna do Goberno galego, que contou cun orzamento global de preto de 500 millóns. Nestes intres, tal e como destacou Rodríguez Miranda, “estamos xa a traballar na nova Estratexia que se porá en marcha este mesmo ano e que permitirá continuar a acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas