GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Convocadas as bolsas MAEC- AECID 2022-2023 para españois e cidadáns de América Latina, África e Asia

(04/02/2022)

Convocadas as bolsas MAEC- AECID 2022-2023 para españois e cidadáns de América Latina, África e Asia

 

Crónicas da Emigración.

Redacción, Madrid | 3 de febreiro de 2022,

 

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) convocou as bolsas MAEC- AECID 2022-2023 –Convocatoria publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) o luns 31 de xaneiro–, compostas por varios programas que financian a formación e prácticas de xestión cultural en centros españois no estranxeiro, ou a formación en España de cidadáns estranxeiros.

Todas as bolsas inclúen unha dotación mensual, unha axuda de viaxe, alta na Seguridade Social, un seguro de asistencia en viaxe para os destinados no exterior e bolsas de viaxe para realizar actividades relacionadas co labor do seu centro de adscrición.

A convocatoria divídese en distintos programas, que teñen diferentes prazos de solicitude. Todas se realizan a través da sede electrónica de AECID, e a información sobre as bolsas e prácticas da convocatoria 2022/2023 están dispoñibles en www.aecid.gob.es  (cidadáns españois) e para cidadáns de América Latina, África e Asia na seguinte ligazón: https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=430.

Bolsas para españois e cidadáns da UE

Os requisitos xerais para acceder ás bolsas para españois e cidadáns da UE son ter a nacionalidade española ou doutro país da UE, non superar os 27 anos ao 31 de decembro de 2022, posuír un título universitario e ter coñecementos do idioma do país de destino.

• Bolsas en ​Embaixadas e Centros Culturais (programa CULT):

Este programa diríxese á formación en xestión cultural e diplomacia científica de mozos españois en representacións diplomáticas e centros culturais de España en países de África, Europa, Asia ou América Latina. Os bolseiros participarán nas actividades dos centros de destino promocionando a cultura española, podendo escoller entre xestión cultural ou diplomacia científica.

O prazo de solicitude estará aberto do 7 ao 21 de febreiro. A dotación varía entre os 3.000 e 1.600 euros mensuais dependendo do destino. Os solicitantes deberán ter un título universitario relacionado coa xestión cultural. As bolsas desenvolveranse entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de xuño de 2023, ou entre o 1 de marzo de 2023 e o 30 de novembro, segundo o país.

• Bolsas en Centros de Formación AECID (programa COOPERACIÓN):

O programa de bolsas de capacitación para mozos españois formaos na xestión da cooperación ao desenvolvemento nas Oficinas Técnicas de Cooperación de AECID e nos centros en América Latina, onde participarán nas súas actividades.

Os solicitantes deberán contar cun máster en cooperación ao desenvolvemento ou relacións internacionais. As bolsas desenvolveranse do 1 de outubro de 2022 ao 31 de xullo de 2023, e a dotación varía entre os 3.200 euros e os 1.900 euros dependendo do destino. O prazo de solicitude estará aberto do 7 ao 21 de febreiro.

• Bolsas para estudos europeos no Colexio de Europa (programa COE):

Estas bolsas destínanse a financiar un máster no Colexio de Europa aos alumnos cunha traxectoria académica sobresaliente. Os másteres tratarán sobre estudos económicos europeos, dereito europeo, estudos políticos e de gobernanza, relacións internacionais e estudos diplomáticos ou estudos interdisciplinares europeos.

As bolsas desenvolveranse desde o 1 de setembro de 2022 ao 30 de xuño de 2023, e o prazo de solicitude estará aberto do 18 de febreiro ao 4 de marzo de 2022. Os beneficiarios recibirán unha mensualidade de 2.300 euros e contarán cun seguro de asistencia sanitaria.

Bolsas para cidadáns de países de América Latina, África e Asia

Os requisitos xerais para acceder ás bolsas para cidadáns de países de América Latina, África e Asia son: Non posuír o permiso de residencia en España nin atoparse en situación de estancia por estudos en España; non ser beneficiario dunha bolsa de 6 ou máis meses ao amparo dalgún programa doutras convocatorias das bolsas MAEC- AECID; e non ser nacional español nin posuír a dobre nacionalidade cun país da Unión Europea.

• Bolsas de Máster para empregados públicos América Latina e Filipinas:

Estas bolsas financian a realización dun máster oficial presencial en España para funcionarios de sistemas públicos de países de América Latina, que deberá tratar sobre algunha das actuacións de Cooperación Española ou o ciclo urbano da auga. Para funcionarios de Filipinas o máster poderá ser oficial ou propio e terá que estar relacionado co ensino do español como lingua estranxeira.

As bolsas poderán gozarse do 1 de setembro de 2022 ao 31 de xullo de 2023. O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o 31 de xaneiro ata o 23 de febreiro de 2022. A dotación inclúe unha mensualidade de 2.400 euros e 1.200 euros para o resto de mensualidades; e o custo da matrícula por un importe máximo de 5.000 euros.

• Bolsas de capacitación e formación de cidadáns e empregados públicos de África e Oriente Medio:

Este programa ofrece bolsas de máster a funcionarios de sistemas públicos; bolsas de investigación a profesores de educación secundaria, universidades e investigadores; e bolsas de prácticas non laborais a cidadáns nacionais de: Angola, Cabo Verde, Camerún, Costa do Marfil, Exipto, Etiopía, Gabón, Ghana, Guinea, Guinea- Bissau, Guinea Ecuatorial, Xordania, Quenia, Libia, Líbano, Mali, Marrocos, Mauritania, Mozambique, Namibia, Níxer, Nixeria, República Democrática do Congo, Senegal, Sudáfrica, Sudán, Tanzania, Tunes ou Zimbabue.

As bolsas desenvolveranse entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de xullo ou o 31 de agosto de 2023. O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o 31 de xaneiro ata o 23 de febreiro de 2022. A dotación inclúe unha mensualidade de 2.400 euros e 1.200 euros para o resto de mensualidades; e o custo da matrícula por un importe máximo de 5.000 euros.

• Bolsas para o Máster de Relacións Internacionais da Escola Diplomática para empregados públicos:

Funcionarios e cidadáns de países de América Latina, África e Oriente Medio poden cursar o Máster Interuniversitario en Diplomacia e Relacións Internacionais da Escola Diplomática con estas bolsas.

Estas desenvolveranse do 1 de outubro de 2022 ao 30 de xuño de 2023, e o prazo de solicitude estará aberto do 1 ao 18 de marzo de 2022. Os beneficiarios recibirán unha mensualidade de 2.400 euros e 1.200 euros para o resto de mensualidades; e unha axuda de matrícula por un importe máximo de 1.250 euros.

• Bolsas de formación excelencia musical (Escola Superior de Música Raíña Sofía):

Este programa concede bolsas a novos talentos da carreira de piano, violín, viola, violoncelo, contrabaixo, oboe, trompa, clarinete, fagot, frauta ou canto. Poden solicitalas quen teña a nacionalidade de: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.

Concederanse tanto bolsas novas como de renovación, que se desenvolverán do 1 de setembro de 2022 ao 30 de xuño de 2025. O prazo de solicitude estará aberto do 28 de marzo ao 8 de abril de 2022. A dotación para as novas bolsas inclúe unha dotación de 2.400 euros e de 1.000 euros para o resto de mensualidades.

• Bolsas para máster en lexicografía e estancias de colaboración formativas nas sedes das Academias asociadas á Real Academia Española:

A RAE e a Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE) convocan o Máster de Lexicografía Hispánica e Corrección Lingüística, un título propio pola Universidade de León, que se imparte entre o 1 de setembro de 2022 e o 30 de xullo de 2023. A primeira parte do máster impártese a distancia, polo que ese período non está comprendido na bolsa. Para cursar este máster ofrécense 22 bolsas, dirixidas a cidadáns de Hispanoamérica, Estados Unidos, Filipinas e Guinea Ecuatorial, que poderán solicitalas desde o 28 de marzo ao 18 de abril de 2022.

Os solicitantes deberán ter un título universitario relacionado coa Lingüística ou a Filoloxía hispánica. As bolsas cobren o módulo presencial a partir de xaneiro de 2023 en Madrid e León, as prácticas a tempo completo no país de orixe e a estancia de colaboración formativa. A dotación inclúe unha mensualidade de 2.200 euros e de 1.000 euros para o resto de mensualidades; e 750 euros a partir de xullo de 2023.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas