GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Patxi Hurtado: «Temos que transformar a diversidade nun factor de desenvolvemento»

(04/02/2022)

Patxi Hurtado: «Temos que transformar a diversidade nun factor de desenvolvemento»

 

L. Veiga RIBEIRA / LA VOZ

 

CARMELA QUEIJEIREO

 

A ONG céntrase en achegar servizos á poboación inmigrante dos núcleos rurais

 

04 feb

 

As persoas inmigrantes deben enfrontar unha serie de dificultades que acompañan ás súas circunstancias como son os procesos de regularización, a reagrupación familiar ou a homologación de títulos. Para acompañar nestes trámites, a ONG Sen Valos, que xa leva dous anos de percorrido, vén de inaugurar un novo servizo de asesoramento xurídico na Pobra do Caramiñal. Patxi Hurtado, presidente da entidade, debulla o resto das iniciativas que levan a cabo.

 

 

—O noso obxectivo é a inclusión social plena das persoas inmigrantes, refuxiadas e solicitantes de protección internacional e asilo. Desenvolvemos actividades de mediación internacional, orientación laboral, conciliación, asesoramento xurídico... O que nos interesa é que as persoas que veñen de fóra non cheguen a unha situación de risco de exclusión.

 

—Cal é o seu radio de acción?

 

—A nosa sede está na Coruña, pero dende a nosa constitución tivemos unha vocación de traballar en todo o ámbito galego. Nas cidades hai recursos especializados, a través de servizos públicos ou asociacións. Por isto, queremos chegar ás necesidades da poboación inmigrante nos núcleos máis pequenos, zonas rurais onde non teñen servizos que podan contribuír nesa inclusión da que falaba.

 

 

—É algo complexo. Estamos vendo moita poboación en situación irregular porque non consegue os permisos de traballo e residencia, tanto polas dificultades do propio sistema laboral como pola lentitude da burocracia, que se estende máis alá dos prazos que marca a lei. Cada vez hai máis chegadas de persoas que solicitan o asilo internacional, o que require unha asistencia moi personalizada porque están fuxindo de conflitos bélicos e sociais. É todo un reto. Outros temas que nos preocupan son as dificultades nas relacións coas Administracións públicas ou no acceso á vivenda. Todo isto non depende só dun axente como pode ser unha ONG, senón que é necesaria a coordinación de todos e cobran moita relevancia entidades como os concellos ou os organismos autonómicos e estatais.

 

—Con respecto á vivenda, entra tamén o factor do racismo?

 

—Sendo totalmente xustos, é algo que afecta á sociedade en xeral, podemos velo en que as persoas novas tamén atopan dificultades. Pero no caso das persoas inmigrantes, hai que engadir ese matiz de xenofobia e prexuízos, polo que hai propietarios que prefiren non alugar a determinados colectivos. Tamén son persoas que están un pouco máis soas. Non teñen unha rede familiar e de apoio detrás, polo que se ven obrigadas a vivir en lugares que non cumpren as condicións para considerarse vivendas.

 

 

—A este de A Pobra hai que engadir os que temos na nosa sede, en Negreira e en Noia. Consiste en prestar información e axuda nos trámites relativos á lei de estranxeiría, nacionalidade e peticións de asilo, así como o acompañamento que isto require. Este é o labor principal, pero queremos dar un asesoramento transversal, abordando cuestións laborais e familiares ou de consumo, porque as persoas inmigrantes son máis susceptibles de ser vítimas nestes ámbitos.

 

—En todo isto a educación xoga un papel importante.

 

—Nestes momentos temos un proxecto financiado pola Fundación La Caixa denominado Kit-MI co que pretendemos formar a alumnos de entre 13 e 16 anos para que se podan converter en mediadores interculturais, algo necesario nunha sociedade cada vez máis diversa. Temos que transformar a diversidade nun factor de desenvolvemento. Coas ferramentas que lles damos, os alumnos poderán intervir como axentes de cambio na súa comunidade local, difundindo os valores da cultura da paz e da integración, non só agora, senón tamén cando sexan maiores no seu ámbito laboral e familiar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas