GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Preto de 150 representantes de entidades galegas do exterior infórmanse, a través dunha xornada técnica de Emigración, sobre a nova liña de axudas para obras e adquisición de equipamentos

(02/02/2022)

Preto de 150 representantes de entidades galegas do exterior infórmanse, a través dunha xornada técnica de Emigración, sobre a nova liña de axudas para obras e adquisición de equipamentos

A Secretaría Xeral destinará a este fin 575.000 euros para axudar ás entidades de cara a que poidan mellorar as súas instalacións e así dar unha mellor atención aos galegos e galegas do exterior.

 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 28 de febreiro

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 28 de febrero

 

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu as dúas videoconferencias que se realizaron nas últimas horas con preto de 150  membros das entidades de España, Europa e América para informarlles sobre a nova liña de axudas, publicada o pasado 28 de xaneiro, destinada á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma de instalacións destes centros. Na reunión tamén estivo presente a subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer.

 

Tal e como se lle explicou ás e aos responsables das entidades galegas do exterior, publicouse recentemente no DOG esta convocatoria, que contará cun crédito orzamentario de 575.000 euros e que se destinará á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións.

 

Novamente este ano poderanse acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía.

 

Tamén mantense nesta convocatoria a inclusión dunha liña de axudas para que as entidades poidan adquirir aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así, por unha banda, a relación coa Administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación. 

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 28 de febreiro, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. En concreto, os demandantes poderán solicitar axudas para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

 

Os centros interesados poden tamén informarse a través desta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas